Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-156/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 24 de setembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 156/1999.

Denunciado: Antonio Agrasar Moure.

Enderezo: r/ San Xulián, 57, Pontecesures.

Feitos denunciados: ó realiza-lo servicio de vixilancia foi sorprendido o presunto infractor botando unha rede ó río, polo cal foi solicitada a embarcación do servicio para levantala e realiza-la espera do presunto infractor, cousa que fixo 12 horas despois, momento en que foi identificado e comisadas as artes. Feitos denunciados ás 10.30 horas do día 30 de xullo de 1999 no río Ulla, lugar de Brañas do concello de Dodro.

Data do acordo da incoación: 30-8-1999.

Precepto infrinxido: 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un ano e un día, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.