Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-45/1999 e P-92/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 21 de setembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-45/1999.

Denunciado: Santiago Chamadoira Martínez.

Enderezo: A Barca, 18-3º K, Poio.

DNI: 76.925.961.

Feitos denunciados: pescar sen licencia ás 11.20 horas do día 2 de abril de 1999, no río San Vicente ó seu paso por Taboadelo, no concello de Ponte-Caldelas.

Data do acordo da incoación: 18-5-1999.

Alegacións á incoación: presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 10-8-1999.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante un ano, debendo entregala no prazo dun mes contado desde que a sanción sexa firme.

Expediente: P-92/1999.

Denunciado: Manuel García Blanco.

Enderezo: Devesa, 113, Campaña, Valga.

DNI: 76.869.981.

Feitos denunciados: ás 16 horas atopámo-lo denunciado saíndo do regato de Atranco, cunha bolsa e un trueiro na man, polo que nos identificamos como axentes do Medio Ambiente Natural; inspeccionámo-la bolsa e decatámonos de que contiña oito troitas. Feitos denunciados ás 16 horas do día 14 de

maio de 1999 no río Valga (Aranco) lugar de Campaña, do concello de Valga

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 30-7-1999.

Precepto infrinxido: 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un ano e un día, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Indemnización: 18.000 ptas.