Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador M-8/1999 por infracción da normativa en materia de montes, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que, por infracción ó Regulamento de montes, se está tramitando nesta delegación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, o interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes.

ANEXO

Expediente: M-8/1999.

Denunciado: Camilo Iglesias Pena.

Enderezo: A Fonte Santa, Vigo.

Feito denunciado: ocupación de terreo con construcción de vivenda unifamiliar e dous galpóns, así como dunha superficie de 2.100 metros cadrados cincundando o anterior no monte denominado A Fonte-Santa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais de Santo André de Comesaña, parroquia do mesmo nome do concello de Vigo.

Data do acordo de incoación: 22-3-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito de descargos.

Data da proposta de resolución: 30-4-1999.

Precepto infrinxido: artigo 410 do Regulamento de montes.

Sanción: multa de 14.199 pesetas e indemnización de igual contía con obriga de devolve-lo monte ó seu estado orixinario.

Pontevedra, 17 de setembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra