Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da incoación do procedemento sancionador en materia de defensa contra fraudes na calidade agroalimentaria ICA-OU-53/99-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, e demais normativa de aplicación, posto que, intentada a notificación, non se puido practicar.

Noméase instructor a Benjamín Dorrío Villamarín, funcionario desta delegación. O réxime de recusación da persoa designada é o establecido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense e formula-las alegacións que considere convenientes e, se é o caso, solicita-la realización da análise contradictoria.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, de non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución.

Ourense, 7 de outubro de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: ICA-OU-53/99-V.

Interesado: Enrique Villamarín e Hijos, S.L.

CIF: B-32.028.383.

Último enderezo coñecido: O Pazo. Castrelo de Miño (Ourense).

Data acordo de incoación: 23-9-1999.

Feitos denunciados:-Non ter na adega os libros rexistro de entradas e saídas e de embotellado.-Discordancia entre o grao alcohólico declarado e o obtido na análise realizada en laboratorio oficial,

correspondente a unha partida de 1.080 litros de vcprd branco.-Existencia de defectos na etiqueta.

Tipificación das infraccións:-Artigo ll e 12 do R.(CEE) 2238/1993, en relación co artigo 7 e 9.2º da Orde do 12 de xuño de 1996.-Artigo 3.g do R. (CEE) 2392/1989, en relación co artigo 106 do Decreto 835/1972.-Artigo 12 do R. (CEE) 2392/1989 e artigo 5 do R. (CEE) 3201/1990.

Sanción: multa comprendida entre 100.000 e 1.200.000 ptas.