Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 109SA/99 e 133SA/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE

do 23 de decembro), e do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista, se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 5 de outubro de 1999.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 109SA/99.

Denunciado: Iglesias Pereiro, Antonio.

DNI: 76.674.133E.

Último enderezo coñecido: estrada de Piñor nº 6, Ourense.

Feito denunciado: ter baixo a súa responsabilidade no mercado de gando de Amio (Santiago de Compostela) unha vaca sen ningún tipo de identificación.-Tipificación da infracción:

Regulamento de epizootias: 4.1º do Regulamento CE) 820/1007 artigo 2.1º Decreto 85/1998 en relación do 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 133SA/99.

Denunciado: Souto Vázquez, Manuel.

DNI: 32.765.763D.

Último enderezo coñecido: Pedro Monteagudo, 3 Arteixo. A Coruña.

Feitos denunciados: transportar nun Renault 21 matrícula C-4629-AM, tres animais porcinos, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería e tamén da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.-Tipificación da infracción:

Regulamento de epizootias: 52 do Regulamento de epizootias 5.2º da Orde 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento, artigo 169 do Regu

lamento de epizootias, 12 do Decreto 355/1994 en relación co 217.3º do mesmo regulamento.

Sanción: 20.000 ptas.