De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23), e máis do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P.,
no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado, que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 5 de outubro de 1999.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 180SA/99.
Denunciado: Fernández Fernández, Jorge.
DNI: 35.997.570.
Último enderezo coñecido: Bar Hogar do Pescador. R/ Tejas, Ferrol. A Coruña.
Feitos denunciados: dirixirse á feira de Moeche con seis éguas e un cabalo, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria e tamén do pasaporte ou relación necesaria.-Tipificación da infracción:
Regulamento de epizootias: 64 do Regulamento de epizootias, 1 do Decreto 355/1994, 1 da Orde 4-4-1997 en relación co 212 do mesmo regulamento artigo 7.3º do Decreto 355/1994, en relación co 224 do Regulamento de epizootias.
Sanción: 26.000 ptas.