Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/85-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación

do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Liñares II.

-Situación: As Neves.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV, de 279 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. Bouza-Salvaterra ata o C.T. que se proxecta en Liñares II, concello das Neves. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 980 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.

Realizada a notificación individual, con aviso de recepción, a cada un dos propietarios dos predios afectados, os propietarios do nº 9 e 12 presentan alegacións que se resumen nos seguintes puntos: a) realizar unha variante seguindo os lindeiros dos predios e b) se non é posible realiza-la variante, que o trazado discorra polo seu extremo. Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica esta contesta que, para realiza-la variante e no caso de non existir dificultades técnicas, os veciños teñen que comprometerse a acredita-la conformidade previa dos novos propietarios afectados, e que a liña discorre a 2 m do lindeiro norte no predio nº 12 e aproximada ó lindeiro norte no nº 9, ocasionando o menor prexuízo posible.

Considerando que as alegacións realizadas se cumpren para o predio nº 9 e respecto o nº 12, aínda que non pode variarse, se acerca sensiblemente ó linde co predio nº 11, colindante.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 8 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra