Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/361-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión-Eléctrica Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T. a C.T. Galufe.

-Situación: Vilagarcía de Arousa.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV, de 651 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre

apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. D.C. As Carolinas-Cambados, rematando no C.T existente de Galufe, concello de Vilagarcía de Arousa.

Realizada a notificación individual, con aviso de recepción, a cada un dos propietarios dos predios afectados, os propietarios dos predios nº 4 e 5 presenta alegacións que se resumen nos seguintes puntos: a) que a liña sobrevoa unha horta pechada inferior a media hectárea e que a colocación do apoio coincide coa conducción subterránea da auga. Trasladadas as alegacións á compañía eléctrica esta contesta que de acordo cos propietarios comprométese a varia-la colocación do apoio para que non afecte a conducción da auga subterránea, e a que a liña sobrevoe o camiño de paso e non a horta á que fan referencia.

Considerando que as alegacións presentadas foron tidas en conta pola empresa eléctrica.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 8 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra