Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/232-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión-Eléctrica Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sopegal-Xuncal.

-Situación: Baiona.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 602 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. ó C.T. Outeiro rematando no C.T. que se proxecta en Sopegal-Xuncal, concello e Baiona. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 602 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Realizada a notificación individual, con aviso de recepción, a cada un dos propietarios dos predios afectados, a propietaria do predio nº 9 presenta alegacións que se resumen nos seguintes puntos: a) defecto de tramitación, b) segui-la traza da antiga liña, c) segui-los lindeiros dos predios, d) realiza-la conducción subterránea, e e) a ser posible realiza-la traza por vía pública. Enviadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta dicindo que a traza elixida é a que causa o menor dano ós afectados e que a conducción subterránea só é obrigatoria en zonas definidas como solo urbano ou núcleo de poboación.

Considerando que as alegacións da propietaria do predio nº 9 non son correctas, por canto non é preceptivo o envío do proxecto ós afectados senón telo

á súa disposición; que o Decreto 3151/1968 só esixe que no plano apareza en escala 1:2000 unha banda de 50 m de largo a cada lado do eixe, o que se cumpre; que segui-los lindeiros esixiría a formación de numerosos ángulos, solución tecnicamente non correcta; e que as liñas subterráneas só son obrigatorias cando así se recolla nos plans de ordenación urbana legalmente aprobados.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 8 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra