Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/18-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión-Eléctrica Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. derivación Pedroso e Cosus.

-Situación: Vilagarcía de Arousa.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV, de 168 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. As Carolinas-Catoira ata o cambio aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. Pedroso, proxectada. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 119 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Pedroso ata o C.T. que se proxecta en Cosus. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. ó C.T. Pedroso ata o C.T. existente en Pedroso, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., áerea, de 725 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Pedroso. R.B.T., áerea, de 645 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Cosus.

Realizada a notificación individual, con aviso de recepción, a cada un dos propietarios dos predios afectados, os propietarios dos predios nº 3, 4 e 5 presentan alegacións que se resumen nos seguintes puntos: a) que a liña siga o camiño; b) que sobrevoe o regato que pasa pola zona; e c) que siga os lindeiros dos predios. Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica esta contesta que o trazado elixido é o menos prexudicial dentro dos tecnicamente posibles, que é o titular do predio servinte quen ten que acredita-la conformidade dos novos propietarios afectados pola variación.

Considerando que as alegacións presentadas polos propietarios dos predios nº 3, 4 e 5, supoñen unha variación da lonxitude da liña superior ó 10% no tramo afectado, e que o custo, ó ser necesario realizar ángulos para non modifica-la afección a novos propietarios, tamén supera o 10% que establece o artigo 26 do Decreto 2619/1966.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos

decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 9 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra