Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. en Chavín, San Lourenzo e Rubial, concello do Corgo. (Expediente 001/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, sen que se presentasen alegacións nin oposición á traza da liña na fase de información pública.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966.

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. San Lourenzo, de 20 kV con orixe no apoio número 39 da L.M.T. o C.T. de Fonteita e remate no C.T. de San

Lourenzo cunha lonxitude de 1,843 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº de apoios/tipo 14/H.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Chavín, de 29 kV, con orixe no apoio nº 7 da L.M.T. o C.T. de San Lourenzo e remate no C.T. de Chavín, cunha lonxitude de 0,026 km. Conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm.

3. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Rubial, de 20 kV, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. ó C.T. de San Lourenzo e remate no C.T. de Rubial cunha lonxitude de 1,062 km. Conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº apoios/tipo 7/H.

4. Centro de transformación intemperie de San Lourenzo, situado en San Lourenzo cunha potencia de 50 kVA.

5. Centro de transformación intemperie de Chavín, situado en Chavín cunha potencia de 50 kVA.

6. Centro de transformación intemperie de Rubial, situado en Rubial cunha potencia de 50 kVA.

7. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de San Lourenzo, con orixe no C.T. de San Lourenzo cunha lonxitude de 0,765 km en nº apoios/tipo 12/H.

8. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Chavín, con orixe no C.T. de Chavín cunha lonxitude de 0,875 km e nº apoios/tipo 11/H.

9. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Rubial con orixe no C.T. de Rubial cunha lonxitude de 0,8 km e nº de apoios 13/H.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 18 de xuño de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que representante da Administración dea comezo ó levantamento das actas previas, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 22 de xullo de 1999, DOG do 12 de agosto de 1999 en no diario El Progreso do 16 de xullo de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das

actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 20 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo