Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.
Denominación: ampliación de potencia C.T. Cabanas e R.B.T.S.
Situación: Cabanas.
Descricións técnicas: reforma parcial da caseta de Cabanas a 15/20 kV e ampliación potencia a 250 kVA e rede de baixa tensión de 389 m de lonxitude en conductor R.Z. de 240 mm Al. Concello de Cabanas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 20 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña