Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da mina Conchitina, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da mina Conchitina, localizada en terreos do concello do Vicedo, provincia de Lugo, e solicitado por Cuarzos Industriales, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria