Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provinvial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilaldar (Friol). (Expediente 04/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Deceto 2619/1966, en concordancia con artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Así mesmo, vista a documentación que consta no expediente, compróbase que as alegacións efectuadas por José Orlando Janeiro Morandeira canto á modificación do trazado da liña eléctrica, non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Sendo competente este organismo, con base do Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea a C.T. de Vilaldar, de 20 kV, con orixe na L.M.T. derivación ó C.T. de Miraz, e remate no C.T. de Vilaldar cunha lonxitude de 0,318 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, número apoios/tipo 4/H.V.-H.V.H. e con largo de afección de 10 m.

2. Centro de transformación intemperie de Vilaldar, cunha potencia kVA.

3. Liña de baixa tensión aérea en Vilaldar, con orixe no C.T. de Vilaldar, cunha lonxitude de 0.79 km, número apoios 15/HV.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimonais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 10 de maio de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP e Lugo do 12 de xuño de 1999, Diario Oficial de Galicia do 16 de xuño de 1999 e no xornal El Progreso do 10 de xuño de 1999 e expostos no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Lugo, 14 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo