Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T.-Porto de Quilmas.
Situación: Carnota.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 35 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 62 da liña Pontella-Alivia (expediente 27856) e final no C.T.C. Porto Quilmas, para instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380/0,220 kV en Porto de Quilmas, do que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón de 92 m de lonxitude en conductor R.Z. e de 5 m subterránea en conductor R.V. Carnota.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 14 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña