Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/362-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Portoseco.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 26 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 32 da derivación Castelo da L.M.T. Anzo, ata o C.T. que se proxecta en Portoseco, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 12 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra