Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/204-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Giesta, S.R.L.

Enderezo social: Cantón Grande, 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: L.A.T. a 20 kV desde C.H. Cerves a Sub. Castrelo e outras.

Situación: Ribadavia, Melón, Arnoia, Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de enlace desde a central hidoeléctrica do Cerves a parque de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. en central hidroeléctrica de Castrelo de Miño que comprende 3 tramos:

1. Tramo soterrado de 2.580 metros en conductor tipo R.H.V. M.Z.-1 de 73,4 mm.

2. Tramo aéreo de dobre circuíto desde a caseta de entroncamento co tramo soterrado ata o apoio número 24 de 5.062 metros en conductor LA-112.

3. Tramo de 530 metros en conductor R.H.V. M.Z.-1 en simple circuíto soterrado desde o apoio número 24 anterior ata a chegada ó parque de transformación de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Interconexión desde a liña a 20 kV de Eléctrica de Melón, S.A. ó azude da central hidroeléctrica do Cerves e substitución do conductor LA-56 por outro LA-180 na liña a 20 kV e 5.235 metros que une as centrais de Peneda e Arnoia co punto de interconexión na rede de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Tramitación:

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

En canto ó condicionado establecido polo Concello de Castrelo de Miño, a Lei sectorial de autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico non esixe para este tipo de instalacións a presentación de estudio de impacto ambiental, contemplando ademais no seu artigo 5 reservas obrigadas de solo nos plans urbanísticos para aquelas. No expediente figura a autorización expresa da Consellería de Medio Ambiente con relación á ocupación da liña á zona de reserva foretal alegada polo concello.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 13 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense