Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/76-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T., Avda. Santiago.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 120 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. Avda. Santiago-2 e remate na L.M.T. ó C.T. río Camba. C.T. en baixo da Avda. Santiago nº 46 con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do anterior C.T. de 85 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense