Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kW Vimianzo-Mazaricos, que se vai realizar nos concellos de Mazaricos, Vimianzo e Dumbría (A Coruña), promovido por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1º Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto

ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kW Vimianzo-Mazaricos, que se realizará nos concellos de Mazaricos, Vimianzo e Dumbría, promovido por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

2º Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Industria.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Concellos de Mazaricos, Vimianzo e Dumbría (A Coruña).

3º As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece para o efecto o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria