Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/380-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Termas de Cuntis, S.A.

Domicilio social: Calvo Sotelo, 2. 36670. Cuntis.

Denominación: L.M.T. e C.T. Ducio-Arcos.

Situación: Cuntis.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 550 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Arcos ata o C.T. que se proxecta en Ducio, concello de Cuntis. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20/24 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra