Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a seguinte instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Terroso-Soutocovo-Florderrei, no concello de Vilardevós. (Exp. IN407A 98/187-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Sáenz Díez, nº 45, 32005 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 de Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública non se presentaron alegacións de ningún tipo.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966, resolvo:

1. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 5.274 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio existente da L.M.T. a Vilarello e final no C.T. aéreo proxectado tipo intemperie con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Soutocovo. R.B.T. aérea de 735 metros en conductor R.Z.

-L.M.T. aérea a 20 kV de 314 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio número 18 da L.M.T. proxectada a Soutocovo e remate no C.T. aéreo existente de Terroso.

-C.T. proxectado tipo intemperie, de Florderrei con 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea con

orixe no C.T. Florderrei de 1.660 metros en conductor R.Z.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 8 de outubro de 1998, que se publicou no DOG do 16 de novembro, no BOP de Ourense do 18 de novembro e no xornal diario La Región do 5 de novembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 10 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense