Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do acordo de modificación do texto da norma específica 4) Axuda de estudios do traballador, dos criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 1999, subscrito o 2 de xullo de 1999, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 15 de xullo de 1999, e publicado por Resolución do 21 de xullo de 1999 (DOG número 143, do 27).

Visto o acordo de modificación dos criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 1999, no que se recolle a modificación do texto da norma específica 4) Axuda de estudios do traballador, aprobado o día 3 de setembro de 1999 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 1999, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

Jose María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

4) Axuda de estudios do traballador.

-Beneficiarios.

O personal ó servicio da Xunta de Galicia recollido no punto 1, ámbito persoal, que curse estudios universitarios que dean lugar á obtención de títulos

académicos oficiais redactados pola Administración pública, durante o curso académico 1999/2000.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave «Falta importe percibido por Muface», ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtiveran este tipo de axuda pola dita mutualidade.

Queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presenta-lo documento de ter aboada a matrícula do curso 1999/2000, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2000.

-Contido.

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes:

Tope máximo: 25.000 ptas.

A cantidade para pagar desta axuda a cada traballador será o 25% do importe pagado en concepto de matrícula.

A comisión de reparto poderá alterar esta porcentaxe á alza ou á baixa segundo chegue ou non o orzamento desta axuda.

-Documentación.

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 1999/2000, debendo figura-lo importe pagado.

c) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 1999/2000, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2000 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2000.