Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se convocan unhas xornadas sobre violencia contra a muller.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre violencia contra a muller, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos ofrecer ós corpos e forzas de seguridade unha visión o máis ampla posible da problemática dos malos tratos a mulleres, tanto físicos como psicolóxicos, e informar sobre

cáles son os medios ó alcance paa paliar este problema.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas ofertadas será de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de novembro de 1999, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680, A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e datas.

As xornadas desenvolveranse durante os días 18 e 19 de novembro de 1999, en xornadas de mañá e tarde.

O horario será o seguinte:

Día 18: de 9.30 a 13.30 horas e de 16.15 a 20 horas.

Día 19: de 10 a 14 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 16 de novembro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

As xornadas celebraranse no salón de actos número 1 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en San Caetano, Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade