Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre actualización en materia de tiro, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivos a formación básica en materia de armamento, o estudio da arma regulamentaria, a súa conservación, limpeza e mantemento e conseguir un adecuado nivel de destreza no manexo das armas e no tiro policial.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de quedaren prazas vacantes, os membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertan neste curso é de 20.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de outubro, ás 14 horas.
3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos e o incumprimento deste requisito comportará a non admisión ó devandito curso.
4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contido e duración.
O curso terá lugar en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:
Parte teórica.
a) Normas de seguridade con armas de fogo.
b) Estudio das armas regulamentarias. Pistola-revólver.
-Pistola: clases. Mecánica funcional. Canón fixo e canón móbil.
-Revólver: partes, mecanismos e sistemas que o integran. Mecánica funcional.
-Cartuchería:
O proxectil e as súas clases.
A efectividade dos proxectís.
Enerxía cinética. Poder de penetración. Poder de parada. Influencia da deformación e da velocidade.
-Cartuchos especiais:
Munición KTW.
Munición QUICK DEFENSE.
Munición SHORT STOP.
Munición HYDRA SHOK.
Munición SAFETY SLUG (Glaser).
Munición T.H.V.
Munición DYNAMIT NOBEL ACTION.
Munición SAFETY GECO.
-Coidado das armas. Pistola e revólver.
-Avarías e interrupcións máis frecuentes. Limpeza, coidado e conservación.
Parte práctica.
Regras e medidas de seguridade.
-Tiro policial. Empuñamento a unha e dúas mans.
-Tiro instintivo e defensivo, a unha e dúas mans.
-Técnicas de desenfunde.
Datas.
O curso terá lugar en datas do 8 ó 12 de novembro, en horario das 16 ás 20 horas da tarde.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 25 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.
Lugar.
O curso desenvolverase no Campo de Tiro da Federación, sito en Bando, en Santiago de Compostela.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 14 de setembro de 1999.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade