Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de setembro de 1999 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) levada a efecto pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 1998) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, que se publica como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública os documentos a que se refire a base VI. da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C)

Promoción interna

Nº ordeDNIApelidos e nomeExame 1ºExame 2ºExame 3ºMéritosTotal

132.759.053PAZ LAVANDEIRA, JOSE BENITO13,8818,006,006,3244,20
209.274.226REPISO PRIETO, MARIA CARMEN13,8815,008,255,1742,30
332.746.289MACHO GOMEZ, JUAN CARLOS11,0315,509,254,1139,89
434.910.846ROMERO NOVOA, MERCEDES11,8515,008,373,8139,03

Acceso libre

Nº ordeDNIApelidos e nomeExame 1ºExame 2ºExame 3ºExame 4ºMéritosTotal

133.310.205CONDE IGLESIAS, MARINA11,4417,007,127,0027,0069,56
233.271.644NIEVES BECERRA, FRANCISCO JAVIER9,0018,506,257,4427,0068,19
333.855.993SOBRADO MOURE, JESUS MARIA10,6218,008,758,0016,0061,37
434.239.104LOPEZ FERNANDEZ, MARIA PURIFICACION12,2515,005,378,5016,0057,12
532.815.136VAZQUEZ LAGO, CRISTINA19,5919,258,127,500,0054,46
634.951.647VAZQUEZ ESTEVEZ LUIS ANTONIO17,9619,259,257,950,0054,41
734.995.328NUEVO FERNANDEZ, DAVID18,3718,508,627,750,0053,24
833.275.635MOSQUERA DE VALDIVIELSO, Mª TERESA16,7419,508,128,250,0052,61
976.618.934GONZALEZ CASAR, MARIA TERESA18,3719,006,578,250,0052,19
1034.954.926NOVOA BRAVO, ANA MARIA17,9618,508,377,000,0051,83
1178.784.628LESTON MAYO, ANGELES *16,3317,007,828,720,0049,87

* Persoal que alegou minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% (base I.1.2 da convocatoria)