Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A. (Vilagarcía de Arousa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Ingeniería Urbana, S.A. (Vilagarcía de Arousa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-8-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 18-6-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo

1999-2003

Ingeniería Urbana, S.A.

Vilagarcía de Arousa

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre a empresa Ingenería Urbana, S.A. e os seus traballadores adscritos ós servicios de limpeza pública contratados co Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O cambio de titularidade da empresa ou dunha unidade autónoma desta non extinguirá por si mesma a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas laborais do anterior. O cambio da titularidade esixirá o coñecemento da representación sindical dos traballadores afectados.

En todo o non previsto neste artigo referente ó cambio de titularidade da empresa, haberá que aterse ó previsto con carácter xeral no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos o 1º de xaneiro de 1999, todo iso con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Duración e prórroga.

A duración do convenio será cinco anos, é dicir, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro do ano 2003.

Este convenio considerarase automaticamente denunciado, unha vez rematada a vixencia prevista no punto anterior, sen necesidade de aviso previo ningún.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó establecemento do presente convenio viñera desfrutando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, conservaraas ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria no presente convenio coas funcións que se especifiquen no artigo 6º. A comisión reunirase unha vez cada dous meses, salvo convocatoria de calquera das partes por causa seria e grave que afecte os intereses xerais co ámbito do convenio.

A reunión, que será convocada por escrito e polo menos con tres días hábiles de antelación, deberá incluír necesariamente os temas que se vaian tratar na orde do día.

Serán vocais dela dous representantes dos traballadores e dous da empresa, designados respectivamente polas partes asinantes do convenio. Será secretario un vocal da comisión paritaria, designado por cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez nos representantes dos traballadores e a seguinte nos representantes da empresa.

Artigo 6º.-Funcións da comisión paritaria.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación da totalidade do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal de traballo efectivo será -segundo o ano- a seguinte:

1999 = 39 horas (mañá: de 7 h a 14 h; tarde: de 14 h a 21h; noite: 23 h a 6 h, salvo as xornadas de mañá dos martes e sábados, para amoldarse ás necesidades do servicio se realizan de forma partida).

2000; 2001 e 2002 = 38 h e 30 m.

2003 = 38 horas.

A reducción da media hora semanal aplicarase nos sábados, e se se lexislase diminución obrigatoria máis favorable haberá que aterse a ela.

Os traballadores disporán de vinte minutos para toma-lo bocadillo. O horario para este mester será de 10 a 10.20 horas para a quenda da mañá, de 17 a 17.20 horas para a quenda da tarde e de 1 a 1.20 para a quenda da noite.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse a tódolos efectos como días non laborables e retribuídos para todo o persoal de recollida de noite.

O día 3 de novembro, San Martiño de Porres, patrón da actividade, considerarase como día festivo.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio dentro do ano desfrutará dun período anual de vacacións de 30 días naturais, sendo polo menos 21 deles laborables e podendo desfrutarse ó longo de todo o ano. Na empresa establecerase unha orde rotatoria de preferencia, de tal forma que o traballador que un ano foi primeiro á hora de elixir quenda pase a ser último no ano seguinte.

O calendario de vacacións exporase nos taboleiros de anuncios da empresa.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo que se indica:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento de fillo. Se concorrese enfermidade grave aumentarase a catro días.

c) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe, pais e fillos.

d) Dous días por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao en consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días.

e) Un día natural por matrimonio de fillos ou irmáns, e dous se a cerimonia se realiza fóra da provincia.

f) Un día natural por traslado de domicilio habitual.

g) Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación de centros oficiais durante os días da súa celebración, non excedendo en conxunto de dez días ó ano.

h) Para deberes de carácter público e persoal, así como para consulta médica, a empresa concederalles ós seus traballadores permiso retribuído polo tempo necesario co fin de que estes poidan cumprir cos seus deberes de carácter público e persoal (renovación do DNI, revista militar, solicitude ou renovación do carné de conducir, etc). Enténdese que este permiso será concedido cando o horario dos centros nos que deba ser realizada a correspondente xestión coincida coa xornada laboral do traballador. Para ter dereito ó tempo necesario para consulta médica, o productor terá que presentarse ó traballo e cubri-lo impreso que se inclúe como apéndice, comprometéndose o productor, a ser posible, á terminación do distrito asignado.

Artigo 10º.-Salarios.

Xúntanse as táboas salariais para cada un dos anos de vixencia deste convenio colectivo, con detalle de tódolos conceptos salariais a excepción do complemento salarial de antigüidade, que se devenga con carácter persoal segundo se determina no artigo 11º.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe delas.

Os incrementos medios do custo salarial por tólolos conceptos resultaron cada ano, respecto do anterior, nas seguintes porcentaxes:

-Ano 1999 = 16%.

-Ano 2000 = 20,22%.

-Ano 2001 = 7,96%.

-Ano 2002 = 6,58%.

-Ano 2003 = 5,84%.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade será consolidada e pagada conforme a do sector; é dicir, tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7%.

Comezarase a aboar desde o día 1º de xaneiro do ano no que se cumpran os bienios ou quinquenios de que se traten.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderán supor en ningún caso máis:

-Do 10% ós 5 anos.

-Do 25% ós 15 anos.

-Do 40% ós 20 anos.

-Do 60% como máximo ós 25 anos.

Artigo 12º.-Complemento de penosidade.

Establécese un complemento de penosidade que consiste na cantidade que se detalla para cada categoría nas táboas adxuntas. O dito complemento será percibido por tódolos traballadores da empresa durante os doce meses do ano.

Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade que consiste na cantidade que se detalla para categoría nas táboas adxuntas. O dito complemento pagarase ós doce meses do ano.

O complemento de nocturnidade percibirase para os traballos que se efectúen entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá as seguintes gratificacións extraordinarias:

Gratificación de verán ou xullo, gratificación de Nadal e gratificación de beneficios.

Establécense as seguintes datas límite de pagamento destas gratificacións:

-Gratificacións de verán ou xullo: 15 de xullo.

-Gratificacións de Nadal: 15 de decembro.

-Gratificación de beneficios: 15 de abril.

As citadas gratificacións extraordinarias serán equivalentes cada unha delas a 30 días de salario base máis a antigüidade para as de xullo e decembro e para a de beneficios suporá -segundo cada ano os seguintes días de salario base máis antigüidade:

-Ano 1999 = 22 días.

-Ano 2000 = 24 días.

-Ano 2001 = 26 días.

-Ano 2002 = 28 días.

-Ano 2003 = 30 días.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectua-las horas extraordinarias mínimas indispensables, e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores.

Empresario e traballadores a través da súa representación legal poderán pactar que as horas extras se aboen na contía determinada na lexislación laboral vixente, ou se compensen por tempo de descanso, de acordo co previsto no R.D. 1/1994.

Artigo 16º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte que consiste na cantidade que se detalla para categoría nas táboas adxuntas. O dito complemento percibirase polos meses ou fracción efectivamente traballados.

Artigo 17º.-Complemento de actividade.

Establécese un complemento de actividade para as categorías de conductor e mecánico na contía que se detalla para categoría nas táboas adxuntas. O dito complemento pagarase os doce meses do ano.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo de 5.415 pesetas diarias, e unha media axuda de custo de 2.707 pesetas diarias.

Artigo 19º

*Indemnización por falecemento ou invalidez derivada de accidente laboral.

Establécese para o ano 1999 unha indemnización de 1.339.639 e 2.143.421 pesetas, respectivamente, para cada continxencia. As ditas contías serán actualizadas anualmente na correspondente póliza da entidade aseguradora como seguidamente se detalla:

-Do ano 2000 ó 2002 = A mesma porcentaxe de incremento sobre o ano inmediantamente anterior que se dea no convenio colectivo de limpeza pública de Pontevedra, máis 0,3 puntos.

-Para o ano 2003 asimilarase no seu texto e no seu importe este artigo ó que se determine ó respecto en Pontevedra.

*Axuda por falecemento derivado de causas alleas ó accidente laboral.

Por falecemento dalgún traballador en activo, a empresa que estea prestando servicios aboará ó cónxuxe ou fillos, para axuda do enterro, a cantidade de 15.000 ptas, se o feito se producise no ano 1999.

A cantidade anterior verase incrementada anualmente, desde o ano 2000 ata o ano 2002, na mesma porcentaxe sobre o ano inmediatamente anterior que se acorde no convenio colectivo de limpeza pública de Pontevedra.

Para o ano 2003 asimilarase no seu texto e no seu importe este artigo ó que se determine ó respecto en Pontevedra.

Artigo 20º

*Axuda de estudios.

Para o ano 1999 a cada traballador que teña fillos en EXB/ESO aboaráselle unha cantidade anual total de 2.548 pesetas en concepto de axuda de estudios. A dita cantidade faráselle efectiva coa nómina do mes de setembro, logo da xustificación.

Do ano 2000 ó ano 2002 aplicaráselle a mesma porcentaxe de incremento sobre o ano inmediatamente anterior que se dea no convenio colectivo de limpeza pública de Pontevedra, máis 0,3 puntos.

Para o ano 2003 asimilarase no seu texto e no seu importe este artigo ó que se determine ó respecto en Pontevedra.

*Achega por diminuídos físicos ou psíquicos.

A dita achega queda establecida para o ano 1999 na cantidade de 2.000 ptas. mensuais para aqueles traballadores que teñan ó seu cargo familiares diminuídos físicos ou psíquicos.

A cantidade anterior verase incrementada anualmente, desde o ano 2000 ata o ano 2002, na mesma porcentaxe que sobre o ano inmediatamente anterior se acorde no convenio colectivo de limpeza pública de Pontevedra.

Para o ano 2003 asimilarase no seu texto e no seu importe este artigo ó que se determine ó respecto en Pontevedra.

Artigo 21º.-Roupas de traballo.

Entregaráselle a todo o persoal de limpeza e recollida dous uniformes e dúas camisas ó ano nos meses de maio e outubro, así como calzado de verán e zapatóns de inverno. Ó mecánico entregaránselle botas de seguridade.

Así mesmo, xunto co uniforme de inverno entregaráselle ó persoal de recollida e limpeza un par de botas de auga, tres pares de luvas protectoras, un conxunto de pantalón e chaqueta impermeables.

En veráns alternos a cazadora de verán será substituída por un xersei.

Artigo 22º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Con obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó réxime xeral da Seguridade Social, a empresa obrígase ó seguinte:

a) Facilitar copia de parte de alta en Seguridade Social ós traballadores dentro dos primeiros oito días do seu ingreso.

b) Publicación dos modelos TC1 e TC2 correspondentes ás cotizacións do último mes.

Así mesmo, amosarase no taboleiro de anuncios copia da póliza coa entidade aseguradora sobre os riscos previstos no artigo 19º.

Artigo 23º.-Taboleiro de anuncios.

Será obrigatoria a existencia de taboleiros de anuncios nos que se fixarán as comunicacións da empresa, así como as comunicacións dos traballadores e a información sindical.

Artigo 24º.-Saúde laboral.

Designarase un delegado de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, con data 8 de novembro:

Funcións: serán as recollidas na Lei antes mencionada.

Artigo 25º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal comprendido no presente convenio someterase a unha revisión médica anual que será por conta da empresa, así como o transporte. O resultado do dito recoñecemento médico seralle comunicado ó traballador pola entidade que a efectúe.

Os traballadores da quenda de tarde incorporaranse unha vez que teñan xantado, despois de finalizaren recoñecemento médico. Isto sempre que poidan dispoñer de transporte público regular, a non ser que o medio de locomoción sexa facilitado pola empresa.

A empresa comprométese a que os recoñecementos médicos do persoal se fagan no período 1 de maio a 31 de decembro de cada ano e nas mellores condicións de asistencia médica e sanitaria, e o dito recoñecemento consistirá como mínimo en:

-Audiometría.

-Control da vista.

-Análise de urina.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

Tamén se farán campañas de vacinación que consistirán en:

-Vacina contra o tétano.

-Vacina contra a hepatite B, con análise de sangue previa.

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

a) A empresa respectará o dereito dos traballadores a sindicárense e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

b) A empresa non poderá despedir un traballador nin prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

c) A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebraren reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo.

d) O crédito de horas mensuais que corresponde ós membros do comité de empresa, poderán acumularse nun ou en varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total, quedando relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

e) A empresa respectará a legalidade vixente en materia de acumulación de horas sindicais, conforme o cal os cargos sindicais poderán acumula-las ditas horas entre si segundo teñan por conveniente.

Artigo 27º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e do cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola elección ou designación dun cargo público que imposibilite a asistencia o traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorriron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que viñera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá executar este dereito.

Terán dereito á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Artigo 28º.-Entrada ó traballo.

O cuartel permanecerá aberto durante 15 minutos máis tarde á hora de entrada.

Todo aquel productor que chegue no intervalo de 15 minutos indicados no punto anterior comezará a traballar unha hora máis tarde da hora de entrada e serán obxecto dunha hora de desconto comprometéndose a deixa-lo distrito que se lle asigne rematado. O establecido anteriormente terá lugar cando se cometa falta de puntualidade superior a unha cada dous meses.

Artigo 29º.-Faltas e sancións.

A empresa informará o comité de empresa das sancións que se lles impoñan ós traballadores, así como dos motivos delas e da súa cualificación de acordo coa lexislación vixente. Esta información ó comité de empresa será anterior á comunicación de sanción ó traballador afectado. Non se poderá impoñer sancións que consistan na reducción do período de vacacións ou minoración dos dereitos ó descanso de traballador ou multa de haber.

A petición dos traballadores sancionados, o comité de empresa facilitaralle a este, caso de ser posible e en reunión para o efecto, información suplementaria co fin de chegar a un coñecemento máis obxectivo dos feitos.

Artigo 30º.-Xubilación.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á

xubilación segundo determina o R.D. 14/1981, do 20 de agosto e R.D. 1194/1985; para este efecto as empregas obríganse a contratar simultaneamente no lugar do xubilado outro traballador que sexa titular de prestación de desemprego ou xove en demanda do primeiro emprego.

Artigo 31º.-Liquidación.

Tódolos recibos que teñan carácter de liquidación asinaranse en presencia dun representante dos traballadores ou asesor sindical. Estes recibos asinaranse de conformidade co modelo anexo a este convenio. No dito documento constará o nome e a sinatura do representante dos traballadores ou asesor sindical.

Artigo 32º.-Cota sindical.

A petición da central sindical correspondente e logo de conformidade por escrito do afiliado, a empresa encargarase da recadación da cota mediante o desconto en nómina e o seu ingreso na conta bancaria que a central determine.

Artigo 33º.-Domingos e festivos.

Dado que hai servicios que se prestan durante sete días da semana ós traballadores que lles correspondan traballar en domingos e festivos ó traballador daráselle un día e medio de descanso por cada domingo ou festivo traballado. A data do desfrute do dito día e medio será sinalada de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

Artigo 34º.-Composición da mesa negociadora.

Validez da representación e capacidade de obrigarse: o presente convenio colectivo de ámbito empresarial foi negociado entre os representantes da empresa Juan Manuel Gil Martínez, José Antonio Martín Bermejo e Luís Terrón López, e os representantes dos traballadores José Antonio González Boullosa e Benigno Fernández Daponte.

A comisión negociadora constituíuse válida e debidamente en tódalas súas sesións e as partes recoñeceron mutuamente a representación con que actuaron e a capacidade suficiente para o outorgamento dos acordos no presente convenio.

Artigo 35º.-Responsabilidade ante terceiros.

A empresa disporá dunha póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles riscos producidos a terceiras persoas no exercicio da actividade habitual desenvolvida que é a de recollida de lixo, limpeza viaria, limpeza de sumidoiros, limpeza de colectores de lixo e eliminación de refugallos.

Para casos especiais non cubertos pola póliza crearase unha comisión representada por dous membros do comité, un de cada central sindical representada e un representante da empresa, a dita comisión estudiará os casos especiais e emitirá un informe vinculante.

Artigo 36º.-Prestacións económicas nos casos de baixa por enfermidade e accidente.

Actuarase segundo o lexislado para o efecto en cada momento. Concretamente no ano 1999 a lexislación prevé o pago de determinadas porcentaxes sobre a base reguladora, segundo as continxencias, que son as seguintes:

Por enfermidade común ou accidente non laboral:

-Sen prestación os tres primeiros días.

-Desde o 4º día ata o 20º día = 60%.

-A partir do 21º día = 75%.

Por accidende de traballo ou enfermidade profesional:

-A partir do día seguinte ó do accidente ou da enfermidade profesional = 75%.

Artigo 37º

No non regulado no presente convenio, as partes sométense ó convenio de mínimos para o sector publicado no BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996.

RECIBO DE LIQUIDACIÓN

Empresa

Empregado

Data cesamento Causa

O traballador subscrito cesa na prestación dos seus servicios por conta da empresa arriba indicada, e recibe neste acto a liquidación de partes proporcionais na contía e detalle que se expresa o pé; desta forma recoñece encontrarse saldado e liquidado por tódolos conceptos coa referida empresa, comprometéndose a non pedir nada máis nin reclamar á empresa.

En Pontevedra o ...... de .............. de 19 ....

Sinatura do delegado sindical, sinatura do traballador, sinatura da empresa.

Detalle liquidación

Liquidación verán

Liquidación vacacións

Suma

Retención renda Desexa Vde. que esta liqui-

dación sexa visada polo

comité, delegado ou cen-

trais sindicais previamente

á súa aprobación

SI NON

Sinatura,

Líquido a percibir

PERMISO PARA CONSULTA MÉDICA QUE CONCEDE

A EMPRESA INGENIERÍA URBANA, S.A.

Productor

O productor indicado foi consultado no día da data, das ... ás ... horas.

Pontevedra, .... de .............. de 199...

Asdo.: Dr. D. ..................................

Nota: este volante só se estende para efectos de xustificar ante a empresa, o tiempo de consulta en institucións da Seguridade Social.

Táboa salarial do ano 1999

Conductor díaConductor noitePeón díaPeón noite

ConceptosMúltip.UnidadeImporte

anual

UnidadeImporte

anual

UnidadeImporte

anual

UnidadeImporte

anual

Salario base1281.623979.47681.623979.47681.623979.47681.623979.476
Extras xullo/Nad.281.623163.24681.623163.24681.623163.24681.623163.246
Extra beneficios159.85759.85759.85759.85759.85759.85759.85759.857
Tóx., Pen., Pel.1217.141205.69217.141205.69217.141205.69217.141205.692
Nocturnidade120021.222254.6640021.222254.664
Actividade126.24374.9166.24374.9160000
Complemento de transporte116.24368.6736.24368.6736.24368.6736.24368.673
Total1.551.8601.806.5241.476.9441.731.608

Táboa salarial do ano 2000

Conductor díaConductor noitePeón díaPeón noite

ConceptosMúltip.UnidadeImporte

anual

UnidadeImporte

anual

UnidadeImporte

anual

UnidadeImporte

anual

Salario base1295.5001.146.00095.5001.146.00095.5001.146.00095.5001.146.000
Extras xullo/Nad.295.500191.00095.500191.00095.500191.00095.500191.000
Extra beneficios176.40076.40076.40076.40076.40076.40076.40076.400
Tóx., Pen., Pel.1221.010252.12021.010252.12021.010252.12021.010252.120
Nocturnidade120025.785309.4200025.785309.420
Actividade126.40076.8006.40076.8000000
Complemento de transporte116.40070.4006.40070.4006.40070.4006.40070.400
Total1.812.7202.122.1401.735.9202.045.340