Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Autobuses de Pontevedra, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal. De conformidade co disposto no artigo 8 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de agosto de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo da empresa Autobuses

de Pontevedra, S.A. e os seus traballadores

Acta única.

Representación económica: Alfredo Toranzo García.

Representación social: delegados de persoal Manuel R. Martínez Varela e José Frieiro Chan.

Nos locais da empresa, sita en Salvador Moreno 155, ás 10 horas do 1 de abril de 1999, reunidas as representacións social e económica da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A., co fin de constituí-la mesa para a revisión da táboa salarial para o segundo ano de vixencia do convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A. e os seus traballadores.

Constitúese a dita mesa, cos que á marxe se expresan.

Ámbalas partes se recoñecen e consideran que posúen a lexítima representación para constituí-la mesa.

Constituída previamente a mesa coa asistencia de tódolos membros, procédese á lectura do artigo 7º do convenio, no que se reflicte o incremento da táboa salarial para o 2º ano de vixencia do convenio colectivo, que consiste no aumento do custo da vida a nivel nacional no ano natural de 1998, sendo o dito aumento do 1,4%.

As axudas de custo para a comida e o quebranto de moeda sofren o mesmo aumento cá táboa salarial.

E, non habendo máis asuntos que tratar, os asistentes ratifican coas súas sinaturas o acordo e táboa salarial correspondente, e levántase a asesión, dando por rematada a reunión.

Táboa de salarios desde o 1-4-1999 ó 31-3-2000

Xefe de servicios 148.944 ptas./mes

Inspector 3.203 ptas./día

Conductor-perceptor 3.102 ptas./día

Conductor 3.082 ptas./día

Oficial mecánico de primeira 3.203 ptas./día

Oficial mecánico de segunda 3.031 ptas./día

Oficial mecánico de terceira 2.909 ptas./día

Peón 2.577 ptas./día

Quebranto de moeda e entrega dos billetes e recadación: 201 pesetas/día traballo.

Pontevedra, 1 de abril de 1999.