Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de setembro de 1999 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona de Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito:

1º Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254/75), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona de Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables a petición dos interesados.

Por Orde do 20 de marzo de 1975 (BOE nº 118, do 17 de maio), outórgase concesión administrativa a Juan Roma Lojo para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo-terrestre da ría de Arousa, cunha ocupación de 2.405,25 m, por un período de 10 anos, prorrogables a petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 225, do 23 de novembro), outórgase concesión administrativa a Manuel Maneiro Castromán para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 792,50 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables a petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 230, do 30 de novembro), outórgase concesión administrativa a Antonio Farto Antelo para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.147,25 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables a petición do interesado.

Por Orde do 30 de junio de 1976 (BOE nº 234, do 29 de setembro), outórgase concesión administrativa a Rolando Vidal Dios e José Luis Abelenda Gómez para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo-terrestre de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 9.462 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables a petición dos interesados.

Por Orde do 31 de maio de 1978 (BOE nº 170, do 18 de xullo), outórgase concesión administrativa a Joaquín Pereira Baltar e Francisco Eiras Barreiro para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 6.000 m, por un período de 10 anos, prorrogables a petición dos interesados.

2º Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxeto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecúe a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

3º Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos

1º Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no R.D. 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

2º Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e de conformidade co disposto no apartado C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo á presente orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co dispoto no Art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

1) Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona de Carril, distrito marítimo de Vilagaríca de Arousa.

Parcela nºConcesionarioM

17Juan González Alonso835
20José Cancelo Bugallo419
23Ventura Longa Dios931
25Jesús Longa Dios495
42Antonio Rodríguez Vicente1.842
46Vicente Berride Caamaño1.975
51Fernando Dios Teijeiro245
106Ricardo Crespo Teijeiro146
163Francisco Dacuña Barreiro152
186Crespo, Rivas y Varela, S.L.190
217Carmen Cardalda Fungueiriño53
284Antonio Abad Escobar56
293Miguel Abad Argibay50
347Ricardo Crespo Teijeiro26
393Gerardo Camay Iglesias466
438Carlos Bello Luna24
444Carmen Teijeiro Ramos38
448Rosa Rodríguez Chaves176
455Dolores Dios Rial40
467Crespo, Rivas y Varela, S.L.90
493Antonio Rodríguez Vicente48
519Dolores Dios Rial74
523Marcelino García Suero312
576Carmen Teijeiro Ramos368
579José Mª Dios Maneiro

Mª del Carmen Dios Maneiro

326
580Manuel Maneiro Castromán171
581Mª del Carmen Maneiro Castromán133
591José Mª Dios Maneiro

Mª del Carmen Dios Maneiro

67
593Rodrigo Crespo García277
603Pablo González Portela877
604Antonio Figueiras Dávila1.302
681Ricardo Crespo Teijeiro94
684Ricardo Crespo Teijeiro187
687Luis Otero Sanes25
703Ramona Franco Castromán56
705Fernando Dios Teijeiro237
720Fernando Dios Teijeiro352
738Josefa Cancelo Bugallo104
743Alejandro Domínguez Santamaría770
744Alejandro Domínguez Santamaría930
765Celestina Muñiz Vicente160
811Juan Roma Lojo280
835Ernesto Barreiro Coira676
845Rosalina Rubio Ferreirós332
849José Mollinedo Rey1.749
863Montserrat Abuín Pardo60
888Dolores Leiro Suárez347
896Bernardo Meijide Abuín55
897Ramiro Sampedro Millares49
901José Caamaño Garaboa697
904Peregrina Antelo Romero699
905Manuel Maneiro Castromán488
909Antonio Santos Costas198
910Manuel Maneiro Castromán144
911Juan Barreiro Moure616
917Andrea Villamaría Mariño605
923Juan Farte Antelo473
928José Diz Bua456

Por Orde do 20 de marzo de 1975 (BOE nº 118, do 17 de maio), outórgase concesión administrativa a Juan Roma Lojo para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo-terrestre da ría de

Arousa, cunha ocupación de 2.405,25 m, por un período de 10 anos, prorrogables a petición do interesado.

Parcela nºConcesionarioM

Exp. 9560Juan Roma Lojo2.405,25

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 225, do 23 de novembro), outórgase concesión administrativa a Manuel Maneiro Castromán para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 792,50 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables a petición do interesado.

Parcela nºConcesionarioM

Exp. 5545Manuel Maneiro Castromán792,50

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 230, do 30 de novembro), outórgase concesión administrativa a Antonio Farto Antelo para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.147,25 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables a petición do interesado.

Parcela nºConcesionarioM

Exp. 5447Antonio Farto Antelo1.147,25

Por Orde do 30 de xuño de 1976 (BOE nº 234, do 29 de setembro), outórgase concesión administrativa a Rolando Vidal Dios e José Luis Abelenda Gómez para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo-terrestre de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 9.462 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables a petición dos interesados.

Parcela nºConcesionarioM

Exp. 9744Rolando Vidal Dios

José Luis Abelenda

9.462

Por Orde do 31 de maio de 1978 (BOE nº 170, do 18 de xullo), outórgase concesión administrativa a Joaquín Pereira Baltar e Francisco Eiras Barreiro para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 6.000 m, por un período de 10 anos, prorrogables a petición dos interesados.

Parcela nºConcesionarioM

Exp. 8996Joaquín Pereira Baltar

Francisco Eiras Barreiro

6.000