Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, das subministracións seguintes: mobiliario clínico e mobiliario xeral (C.P. 20/1999 N), aparellos clínicos (C.P. 21/1999 N), kits de instrumental clínico e odontoloxía (C.P. 22/1999 N) e electrocardiógrafos e autoclaves (C.P. 23/1999 N).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os siguíntes concursos públicos:

Expediente 20/1999 N.

Obxecto: subministración de mobiliario clínico e mobiliario xeral.

Orzamento: 4.616.000 ptas. (IVE incluído).

Expediente 21/1999 N.

Obxecto: subministración de aparellos clínicos.

Orzamento: 4.414.700 ptas. (IVE incluído).

Expediente 22/1999 N.

Obxecto: subministración de kits de instrumental clínico e de odontoloxía.

Orzamento: 1.591.600 ptas. (IVE incluído).

Expediente 23/1999 N.

Obxecto: subministración de electrocardiógrafos e autoclaves.

Orzamento: 9.200.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de adxudicación do contrato e tendo en conta o previsto no punto 2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen cada contratación.

2. Fianzas.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do artigo ou artigos adxudicados.

3. Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

5. Solvencia técnica: acreditarase achegando as certificacións ás que se refire o artigo 18, letra e) da LCAP e mostras dos artigos que se van subministrar.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen estes concursos.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta (Vigo), teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios destes concursos públicos será por conta dos seus adxudicatarios.

Pontevedra, 6 de setembro de 1999.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo