Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 120/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 120/1999.

Denunciado/a: Bingo Área Central.

DNI/CIF:

Último enderezo coñecido: Área Central. As Fontiñas. Santiago de Compostela.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 100.000 ptas.

A Coruña, 4 de agosto de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña