De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coru
ña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 114/1999.
Denunciado/a: Carnes Samiber, S.L.
DNI/CIF: B 15673106.
Último enderezo coñecido: Ronda de Outeiro, 216, local 6. A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 125.000 ptas.
A Coruña, 3 de agosto de 1999.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña