Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo das empresas Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa) e Harinas del Atlántico, S.A. (Hadasa).

Visto o expediente do convenio colectivo das empresas Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa) e Harinas del Atlántico, S.A. (Hadasa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-7-1999, subscrito en representación da parte económica polas empresas, e, da parte social, polos delegados de persoal, o día 7-7-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de agosto de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo das empresas Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa) y Harinas del Atlántico, S.A. (Hadasa)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores dos cadros de persoal das empresas Conresa, de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), e Hadasa da Pobra do Caramiñal (A Coruña), así como ós que ingresen durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo terá unha duración de doce meses, entrando en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999, e durante a súa vixencia non poderá ser

afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó amparo de canto prevén o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Prórroga.

O cumpri-la data do seu vencemento, o convenio colectivo prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes, cunha antelación dun mes á data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais máis beneficiosas cás asinadas neste convenio, manténdose o dito respecto en forma estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Retribucións.

Os salarios base establecidos neste convenio colectivo son os que se xuntan na táboa salarial anexa.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa quedan constituídos por dous trienios do 5% e quinquenios do 10% calculados, en todo o caso, sobre o salario base de cada categoría profesional.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores das empresas percibirán dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se denominarán de verán e Nadal. Estas gratificacións percibiranse os días 15 de xullo e decembro, respectivamente, e a súa contía será dunha mensualidade do salario base, incrementado coa antigüidade correspondente.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores das empresas percibirán, en concepto de paga de beneficios e dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 28 días do salario base incrementado coa antigüidade correspondente.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que se realicen serán aboadas coas recargas seguintes:

-85% as horas extraordinarias realizadas en días laborables.

-160% as horas extraordinarias que se realicen en domingo ou días festivos ou as prestadas despois das vintedúas horas.

Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte fórmula:

Salario hora individual:

(365+G) x (S+A)----------------------

Horas ano

Nesta fórmula:

365 son os días do ano.

G é o número de días de retribución por cada paga extraordinaria, verán, Nadal e beneficios.

S é o salario base diario.

A é a antigüidade.

Horas ano é o número total de horas que hai que traballar durante o ano.

O salario base que resulta da aplicación da fórmula anterior servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.

Artigo 10º

Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades das empresas, que teñen que transformar artigos perecedoiros, as partes asinantes recoñecen a ineludible necesidade de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e concordante todo iso co previsto no artigo 13, letra a) e b) do Acordo Interconfederal (AI).

Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co preceptuado no artigo 7 do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

En concordancia co anteriormente disposto polos representantes dos traballadores, darase cumprimento ó disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

Queda fixada en 40 horas semanais, tanto en xornada partida como en continua; polo tanto, para ámbolos casos queda establecida na mesma duración semanal.

Para os traballadores que realicen as súas actividades en quenda de xornada continua establécese un descanso de quince minutos de duración, de maneira que non se suspenda o proceso de producción neste tempo.

En cumprimento do determinado no punto 4º do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.

Artigo 12º.-Complemento de nocturnidade.

Para o persoal en xornada nocturna establécese un complemento consistente no 25% do salario base, incrementado, segundo os casos, coa antigüidade correspondente.

Artigo 13º.-Percepcións en caso de ILT.

Os traballadores que padezan enfermidade percibirán, desde o primeiro día e durante un prazo máximo dun ano, o complemento necesario para que, sumado ás prestacións da Seguridade Social, alcance o cento por cento do seu salario. Esta percepción procederá unicamente nos supostos de incapacidade laboral transitoria, que requiran en todo caso hospitalización.

Nos procesos de tratamento aplicarase o disposto no Real decreto 53/1980, do 18 de xaneiro. Nos

casos de accidente de traballo, as empresas completarán ata o cento por cento as indemnizacións que correspondan mentres dura esta situación de ILT que requira hospitalización ou non.

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, as empresas poderán verificar en todo momento o estado de enfermidade ou accidente do traballador, mediante o persoal facultativo que para estes efectos designen as empresas.

Toda negativa ó dito recoñecemento determinará a suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir con cargo ó empresario polas ditas situacións.

Artigo 14º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período de 30 días naturais, retribuídos en salario real. A dirección das empresas elaborará de mutuo acordo cos traballadores un calendario de vacacións antes do día 30 de marzo, que se expoñerá no taboleiro de anuncios das empresas, para coñecemento dos traballadores.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal das empresas terá dereito a licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador, 16 días naturais.

b) Parto da esposa, tres días. No suposto de que este teña lugar fóra do domicilio ou residencia habitual do interesado, aumentarase un día máis.

c) Falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos e demais familia ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, tres días. Se precisase, por tales causas, facer un desprazamento, o total do permiso alcanzará cinco días naturais.

d) Nos demais casos ou supostos aplicarase canto prevé o artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Traballo da muller.

A muller terá iguais dereitos e obrigas que o home. Se a realización de traballos tóxicos, penosos ou perigosos afectara a situación de embarazo ou a maternidade, estes deberán ser excluídos para a muller.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitaranlle a cada traballador dúas fundas ó ano; a súa duración calcúlase para tal período, entregando estas dúas pezas no mes de xaneiro; con esta medida permitirase que tales roupas poidan ser sometidas ó lavado semanal obrigatorio. Ó finaliza-lo ano, os traballadores terán que facer entrega ás empresas da roupa recibida no seu día, sexa cal fora o seu estado de conservación, por canto son propiedade da patronal.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

As empresas subscribirán un seguro colectivo de vida e invalidez, en favor dos seus traballadores cunha cobertura de 1.800.000 ptas. no caso de morte e de 2.900.000 ptas. para os casos de invalidez.

Artigo 19º.-Persoal fixo.

Os traballadores que nun prazo de dez anos permanecese nas empresas máis de cinco anos como persoal contratado, pasarán a fixos no cadro de persoal.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será oórgano de interpretación, vixilancia, arbitraxe e conciliación do convenio. Estará constituída por un representante das empresas e un dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores, faise constar:

a) O número de horas de traballo durante a vixencia do convenio será de 1.800 de traballo efectivo.

b) Que a remuneración anual dos traballadores, en función do dito número de horas, é a seguinte:

Categoría profesionalTotal pesetas

Xerente3.370.328

Axudante titulado2.973.533

Xefe administrativo2.973.533

Xefe producción2.973.533

Contable2.253.639

Administrativo1.977.986

Encargado2.008.279

Auxiliar administrativo1.947.574

Aspirante administrativo1.231.576

Mecánico1.920.341

Oficial1.892.960

Chofer1.892.960

Axudante1.872.416

Peón1.828.567

ANEXO

Táboa de salarios

CategoríaSalario mes

Xerente225.742

Axudante titulado199.165

Xefe administrativo199.165

Xefe producción199.165

Contable150.947

Administrativo132.484

Encargado134.513

Auxiliar administrativo130.447

Aspirante administrativo82.490

Mecánico128.623

Oficial126.789

Chofer126.786

Axudante125.413

Peón122.476

Segunda.-Os salarios establecidos na táboa salarial serán revisados se o IPC de decembro de 1999 supere con respecto ó 31 de decembro de 1998 o 2,10%.

O dito incremento aplicarase con carácter retroactivo do 1 de xaneiro de 1999.

Comisión paritaria:

Polas empresas:

-José Lino Rivas Pena.

Polos traballadores:

-José Ramón Pérez Amor por Conresa e Miguel Lorenzo Hermo por Hadasa.

Santa Uxía de Ribeira, 7 de xullo de 1999.

Seguen as sinaturas.