Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.660

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 23 de setembro de 1999 pola que se autoriza o inicio de actividades do centro educativo Monteledo (Ourense).

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais e do artigo 6 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais; os centros de servicios sociais propios da Comunidade Autónoma crearanse mediante decreto precisándose orde da consellería competente para o inicio das súas actividades.

Mediante Decreto 212/1999, do 15 de xullo, creouse o centro educativo Monteledo (Ourense), procedendo concede-lo permiso de inicio das súas actividades.

Polo exposto e en uso das facultades que me son atribuídas polo Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica desta consellería e o Decreto 117/1999, do 23 de abril, polo que se modifica o Decreto 488/1997, e a disposición final do Decreto 212/1999, do 15 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o inicio de actividades do centro educativo Monteledo (Ourense), sito no barrio de Montealegre s/n, Ourense, coas condicións que figuran no anexo.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

Provincia: Ourense.

Localidade: Ourense.

Domicilio: barrio de Montealegre, s/n.

Tipoloxía: centro de menores, carácter residencial, reeducación, réxime pechado.