Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.657

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1999 pola que se renova a acreditación do Comité Ético.

Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, dictado en desenvolvemento do Real decreto 561/1993, do 16 de abril, polo que se establecen os requisitos para a realización de ensaios clínicos con medicamentos, e o Real decreto 634/1993, do 3 de maio, sobre condicións dos productos sanitarios implantables activos.

A renovación da acreditación dos comités éticos de investigación clínica, ós que lles corresponde informar todo ensaio clínico que se realice dentro do seu ámbito territorial, debe ser resolta polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, conforme o artigo 12.2º do citado Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios, posto que na actualidade o dito comité ético se encontra adscrito a ela, en virtude do disposto no artigo 23.3º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Ó abeiro do disposto nos artigos 10 e 11 do Decreto 32/1996, na data do 7 de abril de 1999, o secretario do comité ético presentou solicitude de renovación da acreditación, xuntando a documentación necesaria.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e o artigo 12.2º do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta

da División de Farmacia e Productos Sanitarios, e coa conformidade da Secretaría Xeral

RESOLVO:

Renova-la acreditación do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia por un período de tres anos.

O comité queda integrado polos membros que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Relación de membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia:

Alonso Hernández, ÁngelMédico do Servicio de Nefroloxía do C.H. Juan Canalejo

Amor Otero, Miguel ÁngelSecretario do Comité Ético de Investigación Clínica

Calvo Gómez, CarlosMédico do Servicio de Medicina Interna do CHUS

Casariego Rosón, JuanMédico do Servicio de Cardioloxía do Hospital Montecelo

Chuclá Cuevas, María TeresaSubdirectora xeral de Farmacia e Productos Sanitarios

Freire Fojo, ÁngelesXefa do Servicio de Farmacia do C.H. Arquitecto Marcide

García González, JesúsDirector asistencial da Xerencia de Atención Primaria de Lugo

García Porrúa, CarlosMédico do Servicio de Reumatoloxía do C.H. Xeral Calde

García Rodríguez, José LuisXefe do Servicio de Pediatría do C.H. Cristal Piñor

García Mayor, Ricardo V.Xefe de Sección de Endocrinoloxía do C.H. Xeral Cíes

López Rodríguez, María TeresaSupervisora de Docencia e Investigación do Hospital Montecelo

López Vale, CarmenEnfermeira do Hospital Montecelo

Martínez Otero, FranciscoServicio Técnico Xurídico. Secretaría Xeral

Sobral Gómez, PazAvogada da División de Farmacia e Productos Sanitarios

Mel Lorenzo, José Xefe do Servicio de Oncoloxía Médica do C.H. Xeral Calde

Pita Fernández, SalvadorMédico de Atención Primaria do Centro de Saúde de Cambre
Rodríguez López, Manuel RubénXefe do Servicio de Oncoloxía Médica do C.H. Santa María Nai-Dr. Cabaleiro Lagoas

Sevillano Castaño, JoaquinaXefa do Servicio de Microbioloxía de Povisa

Suso Alea, Francisco JavierMédico do Servicio de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo do Hospital Meixoeiro

Tato Herrero, FernandoPresidente do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia