Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-8-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais e Empresarios da provincia da Coruña, e, da parte social, por UGT, CC.OO. e CIG, o día 8-7-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de agosto de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998 do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña. Ano 1999.

Capítulo I

Unidades de negociación

Artigo 1º.-Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se subscribe está integrada, pola parte empresarial: Asocia

ción Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais e Empresarios da Provincia da Coruña (AGS), e por parte dos traballadores, as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), e Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ámbalas dúas partes, despois de analizada a documentación que presentan como constancia da súa representatividade, recoñécese como interlocutores válidos, con lexitimación suficiente para a negociación do presente convenio, de conformidade co establecido no título III do vixente Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 32/1984, do 2 de agosto.

Capítulo II

Ámbito, vixencia e denuncia

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores que na actualidade, ou no sucesivo, presten os seus servicios nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito provincial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se integren, en actividades reguladas pola ordenanza laboral para oficinas e despachos do 31 de outubro de 1972, hoxe derrogada.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia da Coruña.

Artigo 5º.-Ámbito temporal, vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1999 con independencia da data da súa publicación no BOP.

A súa duración será ata o 31 de decembro de 1999, entendéndose prorrogado tacitamente por anualidades naturais, de non mediar denuncia expresa das partes.

Artigo 6º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a súa denuncia á outra parte e á autoridade laboral competente. Como mínimo terá que realizala con 2 meses de antelación á data de expiración da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Capítulo III

Representación das partes negociadoras

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio.

Esta comisión estará formada, logo de acordo das partes, polas representacións empresariais e sociais que deliberaron nel.

Para os únicos efectos de notificacións sinálanse os seguintes domicilios:

Pola representación empresarial:

-Asociación Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais, Empresarios da Provincia da Coruña.

R/ Rafael Alberti, 8 Ppal., 15008 A Coruña.

Pola representación social:

-Unión Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.).

R/ Isaac Peral 42-3º Esq., 15008 A Coruña.

-Unión Xeral de Traballadores (UGT).

R/ Fernández Latorre, 27, 15006 A Coruña.

-Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ronda de Nelle, 11bis, baixo 1º e 2º, 15007 A Coruña.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase da seguinte forma:

I.a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais, prestadas de luns a venres, en réxime de xornada partida.

I.b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 21 de xuño, ata o día 21 de setembro, ambos inclusive.

Os traballadores en xornada continuada desfrutarán de 15 minutos de descanso diario.

As tardes dos días 24 e 31 de decembro de cada ano, non serán laborables.

Aquelas empresas que teñan establecida unha xornada continuada todo o ano, respetarana como condición máis beneficiosa.

II. Horas extraordinarias: as horas que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo terán a consideración de horas extraordinarias. As devanditas horas poderán ser compensadas por tempos equivalentes de descanso retribuído: 1 hora extraordinaria equivale a 1 hora 45 minutos de descanso retribuído; ou ben aboadas da seguinte forma: 1 hora extraordinaria será aboada cun incremento do 75% sobre cada hora ordinaria.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

Ós traballadores interesados concederaselles, necesariamente, os seguintes permisos retribuídos:

a) Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, pais políticos e fillos: 5 días naturais.

c) Parto da muller: 4 días naturais. No suposto de non coincidir cando menos 2 días hábiles no cómputo dos 4 días naturais, ampliarase o permiso como garantía mínima dous días hábiles.

d) Morte do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos ou irmáns: 5 días naturais, que se ampliarán ata 8 días naturais, se o óbito ocorrese fóra da Comunidade Autónoma.

e) Morte do avó, tío ou cuñado: 2 días naturais.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario para iso. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: aplicarase o lexislado nesta materia.

Artigo 10º.-Vacacións anuais.

O persoal regulado polo presente convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, que se desfrutarán preferentemente nos meses de verán de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os delegados de persoal ou comité de empresa, e no seu defecto, por quen designen os traballadores.

A data de comezo do desfrute farase concidir cun luns laborable.

Capítulo V

Percepcións económicas e revisións

Artigo 11º.-Salario base.

O concepto de salario base mensual, para cada categoría profesional, será o que se detalla na táboa salarial anexa, tendo efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1999.

Os salarios do ano 1999 representan un incremento do 2% sobre os salarios vixentes o 31 de decembro de 1998.

O pagamento dos atrasos realizarase no prazo dun mes desde a publicación do presente convenio.

Artigo 12º.-Remuneración anual.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 26.5º do vixente Estatuto dos traballadores, detállanse na segunda columna das táboas salariais anexas os salarios en cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 13º.-Revisión económica.

Garántese o 0,5% sobre o IPC real para o ano 1999, que se aboará en canto se constate ese incremento do IPC, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 14º.-Antigüidade.

A partir do día 1 de xaneiro de 1989 establécese un complemento persoal de antigüidade para tódalas categorías, consistente en cadrienios do 5% do salario base. O complemento por antigüedade devengarase a partir do día primeiro do mes no que se cumpra.

Os traballadores que a 31 de decembro estivesen a percibir algún bienio do 5%, seguirán devengando o complemento de antigüidade, consolidado naquela, pola mesma porcentaxe. Os sucesivos e posteriores períodos de antigüidade devengaranse a partir do día 1 de xaneiro de 1989, en cuadrienios ó 5% do salario base.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en cada caso, supor máis do 10% ós 5 anos; do 25% ós 15 anos; do 40% ós 20 anos e do 60%, com máximo, ós 25 anos ou máis.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores ó servicio das empresas afectadas por este convenio percibirán 2 gratificacións extraordinarias cada ano, unha no mes de xullo e outra no mes de decembro; o importe de cada unha delas será de 1 mensualidade do salario base, máis antigüidade.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias en proporción ó tempo traballado.

Aqueles traballadores que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do salario real, seguirán excepcionalmente nas mesmas condicións, por teren carácter máis beneficioso.

Artigo 16º.-Contratos enventuais.

1. En atención ás especiais características do sector, que supón frecuentes e irregulares períodos nos que se acumulan tarefas, as empresas poderán concertar contratos eventuais, ó abeiro do establecido neste convenio colectivo e no artigo 15.b) do E.T. por un tempo non superior a trece meses dentro dun período de dezaoito meses.

2. Cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ó máximo establecido, poderán prorrogarse por acordo das partes, unha ou máis veces, ata o referido prazo máximo de trece meses.

3. Naqueles casos nos que o contrato se concertase por un prazo inferior ó máximo establecido, e chegado o seu termo non existise denuncia previa de ningunha das partes, nin existira acordo expreso de prórroga, pero se seguira realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente ata o prazo máximo de trece meses.

4. Os contratos desta natureza xa existentes na data de entrada en vigor do presente convenio poderán acollerse á duración máxima deste convenio.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal, as empresas afectadas por este convenio garantiranlle ó traballador o 100 por 100 do salario que lle corresponda percibir no momento de producirse a baixa.

Capítulo VI

Conceptos extrasalariais

Artigo 18º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deba efectuar saídas fóra do concello no que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte forma:

a) Axudas de custo: fíxase na contía de 8.000 pesetas para tódalas categorías.

b) Media axuda de custo: será de 3.000 pesetas para tódalas categorías.

Capítulo VII

Acordos sociais

Artigo 19º.-Cadros de persoal.

As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguinte normas:

a) Os empregados que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores dos grupos titulados administrativos ou técnicos, serán clasificados como xefes superiores.

b) En dependencias con dez ou máis traballadores dos grupos citados no punto anterior, o empregado que se encontre á fronte deles terá categoría de xefe de primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten servicios un número de sete traballadores dos grupos xa citados

anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres traballadores clasificados como oficiais ou similados, estará á fronte deles un xefe de segunda.

Artigo 20º.-Ascensos.

Tódalas empresas reguladas polo presente convenio están obrigadas a dispoñer nos sus cadros de persoal, como mínimo, dun número de oficiais de primeira igual ó 20% do cadro de persoal total de oficiais.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo non se terán en conta as fraccións decimais.

Os auxiliares administrativos con 5 anos de servicio nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo.

Os auxiliares administrativos, ós tres anos de antigüedade na categoría dentro da empresa pararán a percibi-las remuneracións que fixa para estes casos a táboa salarial anexa.

O auxiliar especialista de oficina con máis de tres anos de antigüidade na categoría dentro da empresa, será ascendido automaticamente á categoría de calcador.

Os cobradores, ó cumpriren 10 anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse, exclusivamente para efectos económicos, ós oficiais administrativos de segunda.

Os mozos dos recados, ó cumpriren os dezaoito anos de idade, pararán automaticamente á categoría de ordenanza.

Artigo 21º.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio colectivo estarán obrigadas a subscribir no prazo de 20 días desde a data de publicación no BOP, unha póliza de accidentes que garanta a tódolos traballadores un capital de 2.000.000 de ptas. para morte, e 3.000.000 de ptas. para invalidez permanente, derivada, en ámbolos dous casos, de accidente de traballo.

As empresas de nova creación disporán dun prazo de 30 días, desde a alta do primeiro productor para formaliza-la dita póliza.

Artigo 22º.-Premio de xubilación.

Todo traballador que, cunha antigüedade mínima de 15 anos de servicio na empresa, se acolla á xubilación anticipada, percibirá en concepto de premio á xubilación as seguintes cantidades:

Ós 60 anos, 6 meses de salario.

Ós 61 anos, 5 meses de salario.

Ós 62 anos, 4 meses de salario.

Ós 63 anos, 3 meses de salario.

Ós 64 anos, 2 meses de salario.

Capítulo VIII

Acción sindical

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

En todo o tocante ós aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, aplicarase o que sobre esta materia dispoña o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei

orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Artigo 24º.-Revisións médicas.

Tódalas empresas vencelladas ó presente convenio colectivo, estarán obrigadas a solicitar do Centro Provincial do Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo, ou mutua patronal, que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o dito recoñecemento será aboado pola empresa.

Capítulo X

Cómputos e vinculacións

Artigo 25º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico indivisible, consecuentemente, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera natureza que viñeran satisfacendo as empresas anteriormente, ben por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Artigo 26º.-Vinculación á totalidade.

Como se cita no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberantes deste, forman un todo orgánico e indivisible; en consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que, para tódolos efectos, o presente convenio ten que ser aplicado e observado na súa integridade.

No suposto de que a autoridade laboral ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, o presente convenio quedará invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.

Artigo 27º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula reguladora no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

a) Comisión paritaria do convenio.

b) Mecanismos do Acordo Galego de Arbitraxe (AGA).

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegarase a documentación seguinte:

I. Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

II. Plan de viabilidade para o período que se pretenda a aplicación da dita cláusula de exención, xustificación económica e repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Dispoción derradeira

No que non estea establecido de maneira expresa no presente convenio, e mentres tanto non sexa publi

cada outra disposición que substitúa á hoxe derrogada ordenanza laboral para oficinas e despachos, do 31 de outubro de 1972, seguirase a aplicar esta como norma supletoria, así como o Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, sobre o Estatuto dos traballadores.

Táboa salarial para 1999

CategoríasMesAno

Grupo I titulados

Titulado G. superior154.3962.161.544

Titulado G. medio139.3561.950.984

Grupo II administrativos

Xefe superior139.3561.950.984

Xefe de primeira137.3631.923.082

Xefe de segunda, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma133.0701.862.980

Oficial primeira, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma, operador de máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista ou recepcionista con 2 idiomas ou máis, inspector de zona122.0071.708.098

Oficial de segunda, telefonista ou recepcionista con 1 idioma, reporteiro de axencias de información, traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores116.2021.626.828

Auxiliar con antigüidade superior a 3 anos105.6001.478.400

Auxiliar, telefonista, visitador-cobrador, pagador101.2941.418.116

Aspirante71.077995.078

Grupo III técnicos de oficina

Xefe superior139.3561.950.984

Xefe de primeira, xefe de equipo de informática, analista, programador de ordenadores137.3631.923.082

Xefe de segunda, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de tratamentos de cuestionarios133.0701.862.980

Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios130.9241.832.936

Delineante proxectista124.6251.744.750

Debuxante proxectista, controlar, Oper. ordenadoras122.0071.708.098

Delineante116.2021.626.828

Grupo IV especialistas de oficina

Xefe de máquinas básicas133.0701.862.980

Operador tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado Depart. de reprografía122.0071.708.098

Operador de máquinas básicas, entrevistador-enquisador, debuxante116.2021.626.828

Calcador, perforista, verificador, clasificador107.2991.502.186

Axiliar101.2941.418.116

Aspirante71.077995.078

Grupo V subalternos

Conserxe maior107.2991.502.186

Conxerse103.1351.443.890

Ordenanza, vixilante101.2941.418.116

Mozo dos recados de 17 anos69.270969.780

Mozo dos recados de 16 anos69.270969.780

Grupo VI oficios varios

Encargado almaceneiro116.2021.626.828

Oficial de primeira, conductor de primeira111.8871.566.418

Oficial segunda, conductor segunda107.2991.502.186

Axudante, operador de reproductoras de planos, operador de multicopistas ou fotocopias96.5641.351.896

Peón, mozo, limpador/a, a xornada completa101.2941.418.116

-Por parte da representación empresarial:

Jesús Vázquez Vázquez (AGS)

José Ramón Briones Varela (AGS)

Eladio Ferrero Fernández (AGS)

José Ramón Silveira (AGS)

Isidro Pousada Vales (AGS)

-Pola representación social:

José Luis Paz Pena (CC.OO.)

Gerardo Mariño Castro (CC.OO.)

Juan Trigo Espiñeira (UGT)

Jacobo Iglesias Pais (UGT)

José Arturo Vijande Parapar (CIG)

María José García Roca (CIG)

A Coruña, 23 de xullo de 1999.