Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se convoca un curso sobre o dereito sancionatorio en Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre O dereito sancionatorio en Galicia, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo principal dá-los coñecementos necesarios nesta materia para que os seus destinatarios poidan desenvolve-lo seu labor profesional con maior eficacia.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil encargados da tramitación de expedientes administrativo-sancionadores; e tamén a persoal de inspección pesqueira da Consellería de Pesca e Marisqueo e personal funcionarial encargado da tramitación de expedientes sancionadores da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán en cada curso será de 27.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta á máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de outubro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso, o incumprimento deste requisito levará á exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos: 1. Introducción. 2. O réxime administrativo-sancionador. 3. O control xurisdiccional da potestade sancionatoria.

Datas.

O curso celebrarase do 25 ó 29 de outubro e do 2 ó 5 de novembro.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 19 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada ó mesmo.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade