Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.626

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 8 de setembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria de libre designación anunciada por Orde do 2 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 132, do 12 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 2 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 132, do 12 de xullo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-lo funcionario que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días

a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante ou ben no

da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Mene Paz, Eloy.

NRP: 7651648535 A205F.

Grupo: B.

Denominación: xefe do Servicio Fiscalización e Contabilidade.

Código do posto: EFC030001715770005.

Nivel: 28.

Complemento E.: 1.703.640.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.