Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.567

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Urbaser, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Urbaser, S.A. (código 2700452), da provincia de Lugo, asinado o día 12 de xullo de 1999, pola representación da empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación

ANEXO:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de agosto de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta da sinatura do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. de Lugo

Asistentes:

-Por parte da empresa:

Rubén Varela Cadahía.

Nuria Pérez Millán.

-Pola parte social:

UGT:

José Manuel Núñez Fernández.

Manuel Lorenzo Fernández.

Antonio Rodríguez Seoane.

Pedro Morcuende Suárez.

José Andrade López.

José Manuel Vázquez Castro.

Carlos Roberto Arias Varela.

Asesores:

Juan Carlos Araújo Rodríguez.

Nieves Gil Rodríguez.

Reunidos en Lugo, sendo as 12 horas do día 12 de xullo de 1999, nas oficinas de empresa Urbaser, S.A. de Lugo, reúnense os arriba mencionados integrantes todos eles da comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. de Lugo, tomándose os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A., que se anexa á presente acta, así como as táboas salariais que tamén a acompañan.

Segundo.-Remitir este documento, cos seus anexos, á autoridade laboral competente, para cumpri-los efectos legais oportunos, entre eles o da súa publicación no BOP.

Terceiro.-As dúas partes, en caso de conflicto, acordan someterse ó determinado no Acordo Gallego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos (AGA).

Cuarto.-Unha vez acabada a vixencia temporal do convenio, que queda determinado no seu artigo 4. Ámbito temporal, o seu articulado e táboas salariais quedarán vixentes ata que se asine un novo, no que especifique con claridade o dito ámbito, quedando obrigados a cumprilo ata que suceda o suposto que se menciona. O pactado neste convenio é un dereito adquirido polos traballadores e ningún convenio poderá rebaixa-las condicións socioeconómicas pactadas nel.

Quinto.-Acordan autorizar a Manuel Lorenzo Fernández a rexistrar e tramitar calquera asunto relacionado con este convenio, ante organismos públicos e a autoridade laboral competente.

E para que conste para os efectos oportunos, asinan esta acta sendo as 13 horas do día anteriormente sinalado.

Convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A.

de Lugo 1999

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa concesionaria dos servicios públicos de limpeza do concello de Lugo, Urbaser, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Lugo, no cal a empresa realiza, por concesión administrativa do concello de Lugo, a limpeza pública no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria, recollida de lixo, vertedoiro controlado, vertedoiro de residuos inertes, servicio de mantemento de papeleiras e contedores do concello de Lugo.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de 1 no, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 6º.-Denuncia.

Estipúlase un prazo de duración dun ano, ou sexa, ata o 31 de decembro de 1999, pactándose de común acordo que, con antelación de 3 meses á data de expiración se considere automaticamente denunciado.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 8º.-Complemento de transporte e/ou asistencia.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 9º.-Complemento de actividade.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta, en 12 mensualidades.

Artigo 10º.-Complemento penoso, tóxico e perigoso.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

O complemento penoso, tóxico e perigoso valórase como o 20% do salario base.

Excepcionalmente para o persoal adscrito ó servicio de vertedoiro e equipo mixto, valorarase o complemento penoso, tóxico e perigoso nun 30% do salario base. Este complemento consistirá en nómina co nome de complemento tóxico.

O cálculo dos complementos realizarase sobre 313 días, sendo o divisor para os peóns 25 días, e para o resto do cadro de persoal 30 días.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense catro pagas, que abranguen, cada unha delas, o salario base, antigüidade e complemento de transporte, que se aboarán o día 15 dos meses de marzo, xullo, setembro e decembro.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período vacacional de 31 días.

Establécese como período vacacional os meses de xullo e agosto.

Aqueles traballadores que o acorden coa empresa poderán desfrutalo en calquera mes non fixado, sempre que o comuniquen ante do 30 de maio do ano en vixencia.

O calendario de vacacións será establecido pola comisión mixta paritaria do convenio.

O calendario de vacacións de 1999 terá que estar exposto, no taboleiro de anuncios da empresa, antes do 30 de maio de 1999.

Artigo 13º.-Incapacidade temporal.

En caso de baixa por incapacidade temporal (IT), establécese o aboamento do 100% da mensualidade sen límite ningún.

Acórdase a creación dunha comisión especial de control de absentismo, co obxecto de reducir polo menos en dous puntos o índice de absentismo.

Por parte dos traballadores esta comisión estará formada polos delegados de prevención.

Artigo 14º.-Vestiario.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada ano a seguinte roupa:

Conductores:

* Inverno:-2 pantalóns.-2 camisas.-2 xerseis.-1 cazadora.-1 anorak.-1 par de botas de seguridade.-Luvas anticortes.

* Verán:-2 pantalóns.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.

Peóns:

* Inverno:-2 pantalóns.-3 camisas.-2 xerseis.-1 cazadora.-1 anorak de tres pezas.-1 par de botas de seguridade.-1 par de botas de auga.-Gorra de inverno.-Luvas anticortes.-Fundas (agás persoal de varrido manual).

* Verán:-2 pantalóns.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.-1 gorra de verán.-Fundas (excepto persoal de varrido manual).

Persoal de taller:-2 pantalóns.-2 camisas.-1 xersei.-3 fundas.-2 pares de botas de seguridade.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Artigo 15º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria, que debe interpretar este convenio, componse dun membro por cada dous

membros do comité de empresa ou fracción que pertezan á mesma candidatura sindical, e que á vez sexan asinantes do convenio, e o mesmo número de representantes por parte da empresa.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia e interpretación do convenio.

A dita comisión queda distribuída da seguinte maneira:

-Cinco membros por parte da empresa.

-Cinco membros por parte do comité de empresa.

Artigo 16º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto neste convenio aplicarase subsidiariamente o convenio xeral do sector da limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros (BOE do 7-3-1996).

Artigo 17º.-Garantía do posto de traballo.

O cambio de titularidade da empresa non extinguirá, por si mesmo, a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 39 horas semanais, de luns a sábado, cun descanso de 30 minutos para bocadillo. Esta xornada distribuirase en tres quendas continuadas e non existirá xornada partida, excepto para administración que en período estival a terá continuada.

Establécese que libren tódolos traballadores dous sábados ó mes en período non vacacional, e un sábado ó mes en período vacacional, e un sábado libre engadido nalgún dos meses que por distribución do calendario teña cinco sábados.

Os días 24 e 31 de decembro son non laborables para os traballadores da quenda nocturna, con reanudación dos servicios ó día seguinte en horario normal.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

A empresa contratará unha póliza de seguros individual ou colectiva, para tódolos traballadores, que cobre, en caso de morte ou invalidez, unha contía de 3.874.227 pesetas.

Artigo 20º.-Desconto da cota sindical na nómina.

A tódolos traballadores que o soliciten descontáraselles das súas nóminas a cota sindical, a cal se ingresará no número de conta bancaria que determine a central sindical á que estea afiliado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, agás nos casos de forza maior. Neste suposto establécese que se libren tres horas por cada hora traballada.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Establécese unha contía, por axuda de custo, de 7.326 ptas. por día. A empresa poderá optar, polo

aboamento da dita cantidade, ou ben polo pagamento de gastos xustificados.

Artigo 23º.-Festivos.

Aboaranse de acordo co determinado na táboa anexa.

Artigo 24º.-Festividade patronal.

A festividade de San Martiño de Porres, o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. No caso de coincidir en festivo ou nun día de difícil aplicación, trasladarase ó mércores posterior ou anterior.

Artigo 25º.-Excedencia laboral.

É a que se concede por un prazo superior a un ano e inferior a cinco, sen que se compute o tempo que dure esta situación, para efectos de aumentos por anos de servicio. Deberá ser solicitada por escrito polo comité de empresa ou membro del ou delegados de seccións sindicais legalmente constituídas. O prazo de concesión ou denegación non poderá exceder de 20 días naturais. A negativa só poderá basearse nas seguintes causas:

a) Prazo perentorio de realización de servicio.

b) Non levar, como mínimo, un ano de servicio na empresa.

c) Ter desfrutado doutra excedencia nos cinco anos últimos.

A petición de excedencia voluntaria deberá despacharse favorablemente cando sexa causa de terminación ou ampliación de estudios, esixencias familiares de carácter ineludible ou outra análoga, que sexa acreditada debidamente polo traballador.

Se o traballador non solicitase o reingreso trinta días antes do remate do prazo sinalado para a excedencia, perderá o dereito ó seu posto de traballo na empresa.

O traballador incorporarase, automaticamente, ó remata-la mencionada excedencia.

Artigo 26º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

1. Vinte días por casamento.

2. Tres días en caso de nacemento de fillo.

3. Tres días por enfermidade grave ou morte de familiares en primeiro grao (pai, nai, fillos, irmáns, cónxuxe) por consanguinidade ou afinidade.

4. Cinco días cando polo motivo anterior necesite realizar desprazamento.

5. Dous días por traslado de domicilio habitual.

6. Un día por morte de tíos, sobriños, avós, etc.

7. Oito días por asuntos propios, logo de comunicación; non poderán concidir no cadro de persoal máis de cinco permisos o mesmo día. A comisión paritaria regulará coa empresa o uso dos ditos días. Os permisos solicitaranse a través do secretario do comité de empresa ou persoa en quen delegue.

8. Polo tempo indispensable para a asistencia médica e especialista.

9. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

10. Un día por casamento de fillos ou irmáns. Fóra da provincia, 3 días.

11. Un día polo primeiro aniversario de morte de familiares en primeiro grao.

12. Un día polo bautizo do fillo.

Artigo 27º.-Retirada do permiso de conducir.

Nos supostos de sanción, con vehículos da empresa en horas de traballo, que supoñan a retirada do carné de conducir, sempre e cando non houbese mala fe ou dolo na consecución dos feitos, a empresa quedará obrigada a darlle traballo sen diminución das súas percepcións salariais e polo tempo que dure a retirada do carné.

No suposto de que a dita sanción se produza fóra das horas de traballo, a empresa proporcionará outro traballo, percibindo o salario correspondente á categoría que se lle asigne e polo tempo que dure a retirada do carné de conducir. Este beneficio quedará sen efecto en caso de conducción en estado de embriaguez.

Artigo 28º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles, unha vez ó ano, unha revisión médica completa ou cantas veces sexa necesaria a petición do traballador. Os resultados da revisión serán entregados ó traballador.

Artigo 29º.-Compensación por xubilación.

Para aqueles traballadores cun mínimo de 8 anos de antigüidade na empresa, establécense os seguintes premios por compensación da súa xubilación anticipada:

a) Ós 60 anos: 525.000.

b) Ós 61 anos: 470.000.

c) Ós 62 anos: 419.000.

d) Ós 63 anos: 366.000.

e) Ós 64 anos: 314.000.

Artigo 30º.-Sancións.

No suposto de que a empresa incoe expediente sancionador, deberá informar del ó comité de empresa e delegados das seccións sindicais legalmente constituídas.

Artigo 31º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), o 31 de decembro de 1999 respecto do 1 de xaneiro de 1999, supere o 2,3%, revisaranse as táboas salariais no exceso que supere tal incremento. A dita revisión servirá como base para establece-los salarios do ano 2000.

Artigo 32º.-Atrasos salariais.

Os atrasos salariais do ano 1999 aboaranse coa nómina do mes en que se asine este convenio.

Artigo 33º.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

De conformidade coa lexislación vixente e para aqueles casos en que os traballadores con 64 anos cumpridos desexen acollerse ó contrato por substitución, co 100% da súa pensión, a empresa verase obrigada a realizalo e contratará outro traballador mediante un contrato da mesma natureza có extinguido.

No suposto deste artigo o traballador xubilado terá dereito a percibi-lo estipulado no artigo 29º.

Artigo 34º.-Mantemento de emprego.

Establécese que o número de traballadores fixos é de 103 traballadores, sen que sexa necesario que o novo posto de traballo fixo sexa para cubrir exactamente a vacante creada. Non obstante, en caso de que sexa un posto susceptible de promoción interna aplicarase o establecido no artigo 36.

Antes de facer fixo a un traballador, a empresa poderá acollerse ó establecido no artigo 37 deste convenio.

Artigo 35º.-Provisión de vacantes.

A empresa acepta que tódolos postos de traballo se cubran, en primeiro lugar, de maneira interna. Serán cubertas nun prazo máximo de 15 días.

Artigo 36º.-Ascensos.

a) Os ascensos realizaranse internamente.

b) Terase en conta a antigüidade e as condicións idóneas e realizarase unha proba para o efecto.

Artigo 37º.-Contratos.

A empresa poderá realizar un primeiro contrato de 12 meses, ó remate do cal o traballador que o supere será fixo, agás ofertas específicas de duración determinada por necesidades de servicio que se lle comunicarán ó comité de empresa.

Artigo 38º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada dos traballadores na empresa Urbaser, S.A. Os seus membros terán as garantías que prevé o artigo 68 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais, acumulando o crédito de horas sindicais, entre os seus membros e os delegados das seccións sindicais, se o coidan oportuno dentro do mes natural.

Os compoñentes do comité de empresa ou delegados sindicais disporán dun crédito de 27 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas para o exercicio das súas funcións.

Quedan excluídas do conxunto destas horas sindicais, as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

A empresa facilitará ó comité de empresa un taboleiro de anuncios por centro de traballo e un local adecuado para a realización das súas funcións.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais non poderán ser despedidos nin sancionados,

dentro do período de exercicio das súas funcións, nin nos dous anos seguintes ó remate do seu mandato.

Artigo 39º.-Seccións sindicais.

As seccións sindicais legalmente constituídas na empresa, sempre que obteñan, polo menos, o 25% dos votos na elección do comité de empresa, ou teñan a dita porcentaxe de afiliados, terán dereito a un delegado sindical coas mesmas garantías cós membros do comité de empresa, dispoñendo do mesmo crédito horario, de acordo co sinalado no artigo anterior.

As seccións sindicais poderán:

a) Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios.

b) Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo, sen interrompe-lo proceso productivo.

c) Cobra-las cotas sindicais a través da nómina, con autorización expresa do interesado.

d) Convocar asembleas dentro do centro de traballo.

e) Demais disposicións legais vixentes.

Artigo 40º.-Antigüidade.

Anos%

25

410

615

920

1225

1630

1835

2140

2445

2750

3055

3360

A antigüidade percibirase con efectos do 1 de xaneiro do ano en que se cumpran os períodos.

Artigo 41º.-Axuda por falecemento.

A axuda por falecemento, para gastos de sepelio, ós herdeiros legais do traballador terá un importe de 366.285 ptas. A empresa cubrirá este custo mediante a contratación dun seguro.

Artigo 42º.-Anticipos reintegrables.

A empresa manterá un fondo de 3.000.000 de ptas., cun límite de 150.000 por traballador e ano, co fin de facilitarlles ós traballadores anticipos sobre o seu salario. Serán aprobados pola comisión mixta paritaria.

O reintegro do anticipo concedido realizarase nas 15 pagas seguintes.

Artigo 43º.-Complemento de nocturnidade.

Segundo as táboas anexas.

Artigo 44º.-Cambio de quenda.

A empresa permitirá o cambio de quenda entre os traballadores, de igual categoría que así o desexen.

Cando quede unha praza libre, nalgunha quenda, comunicaráselle ó comité de empresa para que sexa ocupada por algún traballador interesado no cambio.

Artigo 45º.-Axuda escolar.

A empresa creará un fondo de axuda para estudios oficiais de fillos de traballadores que terá un importe de:

-Ano 1999: 600.000 ptas.

Tódolos afectados que desexen acollerse a este artigo e teñan fillos maiores de 16 anos, terán que acredita-la seguinte documentación:

1. Fotocopia do libro de familia.

2. Certificado negativo da Seguridade Social no que se faga constar que non está dado de alta nela como traballador.

3. Cartilla de desemprego.

4. Matrícula de estudios.

A dita axuda aboarase coa paga extraordinaria do mes de setembro.

O reparto do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento de normas.

Artigo 46º.-Incremento salarial.

As táboas salariais confeccionaranse cun incremento do 2,3% sobre os de 1998, nos conceptos de salario base, complemento de transporte e complemento de actividade.

Nota: os anexos deste convenio manteranse tal e como están redactados.

Táboa salarial 1999

Salario base

16

Complemento

transporte

16

Complemento

actividad

12

Complemento

penoso

313

Complemento

nocturno

313

Total

Encargado xeral133.42512.43418.50989002.834.279

Auxiliar administración128.81615.67523.929002.599.005

Mecánico120.75715.6755.39580502.499.543

Maquinista120.75712.43401.20802.509.060

Operador de pa120.75712.43401.20802.509.060

Capataz de día128.81612.4345.70885902.597.423

Capataz de noite128.81612.4345.7088591.0742.933.503

Conductor de noite120.75715.6752.1318051.0072.775.490

Conductor de día120.75715.6752.13180502.460.374

Peón noite118.15112.43409459852.693.385

Peón día118.15112.434094502.385.147

Festivos: 7.392 ptas.

Peóns con traballo en nave: 3.241 (incrementado no plus de transporte)