Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cervezas San Martín, S.A. de Ourense.

Visto o texto refundido do convenio colectivo da empresa Cervezas San Martín, S.A. de Ourense (código convenio número 3200102), con entrada nesta delegación provincial o día 30-7-1999, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal, o día 12-7-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de agosto de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo 1999 da empresa

Cervezas San Martín, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo afectarán a todo o persoal da empresa Cervezas San Martín, S.A. que preste os seus servicios no centro de traballo, sito no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense).

A súa aplicación será obrigatoria a todo o persoal que se atope en alta no momento do seu asinamento e que estea comprendido na ordenanza laboral da industria cervexeira do 23 de xullo de 1971; terá o carácter de complemento da lexislación vixente e, en particular, da citada ordenanza.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

O presente convenio colectivo, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999 estará vixente ata o 31 de decembro de 1999. Poderá ser prorrogado de ano en ano se ningunha das partes o denunciase cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto da data da súa expiración, conforme o disposto na Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 3º.-Retribucións.

Apróbase a táboa salarial anexa ó presente convenio. Establécese un incremento do 2,5% sobre a táboa de 1998.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores fixos de tódalas categorías, a excepción dos aspirantes e aprendices, desfrutarán de aumentos periódicos nos seus haberes, consistentes en doce bienios do 5% como máximo, en razón da súa antigüidade na empresa.

Estas porcentaxes aplicaranse exclusivamente sobre o salario base que corresponda á última categoría laboral que posúa o productor de que se trate.

Artigo 5º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias pagadas a razón do salario real (salario base + antigüidade + complemento convenio), nos meses de xullo, setembro e decembro.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que exceda da duración máxima da xornada semanal de traballo pactada no artigo 12º deste convenio, terá a consideración de hora extraordinaria.

O seu aboamento efectuarase cun incremento sobre a hora normal pactada do 75% as diarias e do 100% as realizadas en domingos e festivos.

A base para o cálculo, así como os importes resultantes por aplicación da recarga sinalada no parágrafo anterior son os pactados e figuran na táboa salarial anexa, que serán igual para tódolos traballadores da mesma categoría, sen distinción da antigüidade individual.

Artigo 7º.-Traballos en días festivos do persoal de quendas.

O persoal de traballo por quendas que polas especiais características do proceso non é susceptible de interrupción e que traballe en festas laborables, é dicir, festivos que non sexan domingos, percibirá sen prexuízo da compensación do día de descanso correspondente, a gratificación que se detalla a seguir, que será incrementada co complemento de antigüidade que corresponda:

Oficial 1ª X.E.: 6.295 ptas.

Oficial 1ª: 6.099 ptas.

Oficial 2ª: 5.880 ptas.

Axudante: 5.698 ptas.

Auxiliar 1ª: 5.513 ptas.

Auxiliar 2ª: 5.336 ptas.

Auxiliar 3ª: 4.273 ptas.

Esta gratificación será absorvida cando a retribución por traballo nestes días festivos teña distinta consideración á de xornada normal.

Durante os períodos de vacacións ou baixas do persoal, no caso de non cubrirse a quenda dos martes e mércores pola mañá, cubrirase necesariamente con quen corresponda, cunha compensación económica do 100% sobre o valor da hora pactada na táboa salarial para 1999, sen que exista ningunha obriga complementaria por parte da empresa.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte igual para todo o persoal da fábrica, de igual contía có custo dun billete de ida e volta en autobús da empresa Cercanías de Ourense, e polo traxecto de Ourense-polígono.

Artigo 9º.-Nocturnidade e prima de actividade.

Nocturnidade. Os traballadores que realicen a súa xornada laboral nas horas consideradas como nocturnas, é dicir, entre as 22 e as 6 horas, percibirán un complemento do 25% do salario base.

Prima de actividade. Establécese un incremento do 2,5% sobre a prima de actividade de 1998 para tódolos traballadores, por mes realmente traballado, quedando fixada esta en 4.880 ptas.

Artigo 10º.-Modificación da categoría profesional de implantación novo sistema de traballo.

Tódalas seccións da empresa consideraranse como integradas nun único proceso productivo.

Tódolos traballadores, calquera que sexa a súa categoría profesional, atenderán as áreas inherentes ó dito proceso, segundo as instrucción dos seus mandos e responsables, no sentido de optimación e mellora de rendementos e productividade do proceso. Para iso promociónase á categoría de oficial 1ª un máximo de catro oficiais de 2ª e un mínimo de dous que reúnan as condicións previstas no artigo 24 do Estatuto dos traballadores; igualmente, promociónase á categoría de oficiais 2ª un axudante, que igualmente reúna as condicións previstas.

Como consecuencia deste único proceso productivo, modifícase o sistema de traballo para o actual cadro de persoal de 12 traballadores, formándose 5 equipos de traballo, composto por dúas persoas cada equipo, das cales unha delas terá necesariamente categoría de oficial 1ª. As restantes persoas estarán en réxime de fóra de quenda de luns a venres, con carácter non definitivo e mentres as circunstancias do proceso o permitan.

As quendas serán de carácter rotativo coa seguinte orde.

1ª Quenda de noite.

2ª Quenda de mañá.

3ª Quenda de tarde.

4ª Fóra de quenda.

A reincorporación ó traballo despois do desfrute das vacacións farase en réxime de fóra de quenda, en lugar de axustarse á quenda que tiña anteriormente.

Despois dun período de baixa por enfermidade, o traballador reincorporase ó traballo, na quenda que lle correspondería se non estivese de baixa.

En caso de dúas ou máis baixas por enfermidade, adaptaranse as quendas ás necesidades do proceso.

Cando por necesidades do proceso coincidan dous oficiais de 2ª na mesma quenda, un deles farase cargo da quenda, como responsable desta e en funcións de oficial 1ª, percibindo a diferencia do posto correspondente. A empresa designará o responsable da quenda, en caso necesario.

Como consecuencia desta implantación do novo sistema de traballo, establécense as compensacións económicas seguintes:

Oficial 2ª: 2.000 pesetas/mes realmente traballado.

Axudante: 3.000 pesetas/mes realmente traballado.

Esta compensación faise extensiva ó mes de vacacións.

Artigo 11º.-Impostos e cargas sociais.

Os impostos, cargas sociais e calquera deducción de tipo obrigatorio que gravan na actualidade ou graven no futuro as condicións económicas pactadas no presente convenio serán satisfeitos por quen corresponda conforme a lei.

Capítulo III

Xornadas de traballo

Artigo 12º.-Xornada.

Establécese unha xornada para tódolos traballadores de corenta horas semanais.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal, sen distinción de grupos e categorías profesionais, terá dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuído de 30 días naturais.

O calendario para desfrute de vacacións pactarase entre a empresa e os traballadores. Se non hai acordo e tendo en consideración as características do proceso productivo, a empresa fixará as quendas de descanso do persoal de acordo co preceptuado no artigo 38 da Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Como compensación para o persoal que desfrute das vacacións nos meses fóra do período de verán

(xuño, xullo, agosto e setembro) establécese unha compensación económica de 21.700 pesetas, que ten carácter graciable e non computable para efectos de sucesivos convenios, a menos que haxa pacto en contrario. As quendas de vacacións sortearanse cada ano entre tódolos traballadores.

Tal período de vacacións será retribuído na súa totalidade polo salario real que se veña percibindo.

Artigo 14º.-Licencias con soldo.

A empresa concederá licencias con soldo nos casos seguintes e na duración que se indica:

a) Quince días naturais por matrimonio do traballador.

b) Tres días naturais, por parto da esposa, ampliándose esta licencia en dous días máis, no caso de intervención cirúrxica.

c) Tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas por enfermidade grave ou operación cirúrxica maior, de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, netos e avós.

d) Tres días naturais por falecemento dos familiares citados.

e) Un día natural por matrimonio de irmáns ou fillos.

f) Un día natural por falecemento de familiares indirectos.

g) Polo tempo indispensable para a consulta do traballador polo médico de cabeceira ou especialista, sen que en ningún caso esta licencia poida superar dúas horas.

h) En caso de que o feito causante se desenvolva fóra da provincia do domicilio habitual, estas licencias serán ampliadas nun día natural.

i) Un día por traslado de domicilio do traballador.

O traballador estará obrigado a presentar en calquera caso documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas para a obtención das licencias anteriores. As ditas licencias deberán desfrutarse no momento de producirse o feito causante.

Artigo 15º.-Festividade da patroa.

Con independencia das festas nacionais e locais dispostas pola autoridade competente, os traballadores afectados polo presente convenio festexarán a patroa da industria cervexeira, Virxe das Viñas, a cal normalmente coincide co 10 de setembro; de ser traballada, aplicarase o disposto no artigo 7º do presente convenio.

Capítulo IV

Prestacións e servicios sociais

Artigo 16º.-Axuda por incapacidade laboral transitoria.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, en caso de incapacidade laboral transitoria derivada

de enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente laboral, percibirá un complemento ata acada-lo 100% do salario real nos seguintes casos:

a) Enfermidade común, accidente non laboral con internamento en centros hospitalarios.

En tódolos casos e desde o feito da baixa. Cando despois da alta clínica, o traballador debe continuar tratamento no seu domicilio, poderá ser sometido a recoñecemento polo médico da empresa e outro que esta designe e á vista do xuízo emitido reconsiderarse a concesión deste complemento.

b) Demais casos de enfermidade común. Naqueles casos que a empresa o considere conveniente logo dos pertecentes informes.

c) Accidente laboral. En tódolos casos e sen perxuízo de recoñecemento a que se fai referencia na letra a).

Artigo 17º.-Seguro de vida.

A empresa manterá un seguro de vida para todo o persoal afectado polo presente convenio, e será por conta desta a prima correspondente ata un máximo de catrocentas mil pesetas anuais. Se unha vez coñecido o montante da prima resultase superior á citada cantidade, o excedente será por conta do persoal, rateado en partes iguais.

A póliza cubrirá as seguintes continxencias:

a) Falecemento por morte natural: 2.000.000 de pesetas.

b) Invalidez permanente absoluta e derivada de enfermidade ou accidente: 2.000.000 de pesetas.

c) Morte por accidente: 4.000.000 de pesetas.

d) Morte por accidente de circulación: 6.000.000 de pesetas.

O condicionado para a eficacia deste seguro será o reflectivo na póliza da compañía Winterthur.

Artigo 18º.-Economato.

A empresa comprométese a xestionar directamente cos almacéns de productos básicos (alimentación, vestiario, etc.) co fin de que o persoal poida efectuar compras, en condicións máis vantaxosas có mercado libre.

Artigo 19º.-Uniformes.

A empresa facilitaralle cada ano ó persoal operativo a roupa de uniforme que sexa necesaria para o desenvolvemento das súas actividades.

Así mesmo, facilitarase en casos de servicios ó exterior a roupa de auga e de abrigo adecuada.

As demais roupas do equipo renovaranse cando se deterioren.

Artigo 20º.-Seguridade e hixiene.

Ámbalas dúas partes manifestan a vontade de prove-lo medios necesarios para unha mellora perma

nente das condicións de traballo no que se refire a seguridade e hixiene; para iso constitúese o comité de seguridade e hixiene na empresa que se comporá de dous representantes da empresa e dous traballadores e estará presidido polo director da fábrica.

Reunirase, cando menos, unha vez ó mes. Estudiaranse os distintos aspectos para a mellora das condicións de seguridade e hixiene. De tódalas reunións, levantarase a acta correspondente.

Artigo 21º.-Fomento de contratación.

As partes contratantes deste convenio reitéranse nos seus desexos de fomenta-la contratación indefinida de traballadores.

Non obstante isto e como fase previa á estabilidade no posto de traballo, e por estar encadrada a empresa nun sector no que non existe unha problemática específica, establécese a seguinte forma de contratación:

a) Contrato eventual por circunstancias de producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos: as partes acordan que, de conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 63/1997, co obxecto de aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego que ofrece a empresa, a duración máxima do contrato eventual por circunstancias de producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será de trece meses e medio dentro dun período de 18 meses.

Capítulo V

Garantías

Artigo 22º.-Garantías sindicais.

Os representantes dos traballadores desfrutarán, en todo momento, das garantías sindicais que estean establecidas pola lexislación vixente. Ningún traballador poderá ser discriminado por razón da súa afiliación política ou sindical.

Artigo 23º.-Reunións.

A empresa porá un taboleiro de anuncios á disposición do delegado de persoal, co fin de que poidan informar a todo o persoal sobre os asuntos que poidan afectalo.

O delegado de persoal realizará unha reunión ordinaria cada mes cos traballadores, que terá carácter informativo e consultivo, fóra das horas de traballo e logo da comunicación á empresa. En tales reunións, calquera traballador poderá expor ós representantes os problemas que o afecten persoalmente. Soamente en casos excepcionais de indubidable urxencia e importancia poderá expo-lo traballador os seus problemas ante os delegados, fóra das reuniósn antes citadas.

Así mesmo, poderase efectuar unha reunión extraordinaria dentro das horas de traballo, cando o problema que hai que tratar teña a suficiente importancia e requira un tratamento de urxencia, logo da comunicación á empresa e conseguinte autori

zación desta, a quen se informará sobre os asuntos tratados e os acordos adoptados.

Capítulo VI

Disposicións adicionais

Artigo 24º.-Absorción e compensación.

Tódalas retribucións, tanto en concepto de salario base, complemento de convenio, como calquera clase de complementos, en canto fosen superiores ós mínimos establecidos con carácter xeral neste convenio, poden ser absorbidas e compensadas no seu conxunto e en cómputo anual, coas que se fixan no presente pacto. Tamén se compensarán ou absorberán as novas concidións que se poidan implantar, durante o período de vixencia deste acordo, por disposición legal de obrigado cumprimento.

Artigo 25º.-Liquidación de salarios.

A empresa liquidará os salarios de forma mensual, aboando o seu importe o último día de cada mes, mediante transferencia bancaria, talón bancario ou calquera outro sistema que garanta o movemento de fondos.

Artigo 26º.-Muller traballadora.

No concernente a dotes, descansos antes e despois do parto, excedencia por matrimonio, rescinsión do contrato por matrimonio, excedencia por parto e reingreso da muller traballadora, aplicarase en todo momento o disposto legalmente sobre a materia.

Artigo 27º.-Dereito supletorio.

En todos aqueles aspectos non determinados concretamente neste convenio, aplicarase o establecido nas disposicións legais de carácter xeral e de obrigado cumprimento, así como o disposto no Regulamento de réxime interior da empresa, que manterá plena vixencia en todas aquelas materias que non se opoñan ó estipulado neste convenio ou non fosen derrogadas por el.

Artigo 28º

Dentro da estructura profesional da empresa créase a categoría de auxiliar 3ª obreiro, que se define como operario maior de 18 anos que executa labores para a realización das cales se require predominantemente achega de esforzo físico e, en consecuencia, a instrucción para a práctica operatoria será mínima.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria integrada polos representantes do persoal e da empresa que interviñeron na negociación do presente convenio, para a vixilancia do seu cumprimento e correcta interpretación, cando fose necesario, do texto aprobado por ambas partes.

Ourense, 2 de xullo de 1999.

-Pola representación social:

Carlos A. Serantes Gómez

-Pola representación empresarial:

O administrador único: Jean Pierre Deffis

O director de fábrica: Ricardo García Blanco

Táboa salarial 1999

CategoríaNivelSalario basePlus convenioTotalBase H. pactada75 %Mellorada

Titulados
SuperiorA250.36887.580337.9481.3152.3013.057
MedioA230.06662.268292.3341.1752.0562.725
MedioB202.26462.268264.5321.0171.7792.381

Técnicos
Xefe de 1ªA208.63758.060266.6971.0171.7792.381
Xefe de 2ªA175.27951.494226.7738521.4911.989
Oficial de 1ªA145.37751.079196.4567311.2791.697
Oficial de 2ªA109.77642.536152.3126261.0961.456
AuxiliarA98.28341.339139.6225419471.260
Encargado145.37751.079196.456

Administrativo
Xefe de 1ªA208.63758.060266.6971.0171.7792.381
Xefe de 1ªB185.57658.060243.6369391.6432.185
Xefe de 2ªA175.27951.494226.7738521.4911.989
Xefe de 2ªB156.54849.430205.9787891.3811.834
Oficial de 1ªA145.37751.079196.4567311.2791.697
Oficial de 1ªB133.37745.669179.0466821.1931.576
Oficial de 2ªA118.70743.402162.1096261.0961.456
Oficial de 2ªB109.77642.545152.3216261.0961.456
AuxiliarA98.28341.340139.6235419471.260

Subalternos
Subalterno 1ª X.E.A109.77642.545152.3216261.0961.456
Subalterno 1ªA103.11841.897145.0155801.0151.349
Subalterno 2ªA96.30441.153137.4575269201.229

Obreiros
Oficial de 1ª E.X.3.87543.2706691.1711.590
Oficial de 1ª3.49742.1575921.0371.538
Oficial de 2ª3.34541.6465549691.464
Axudante3.21041.2485269201.388
Auxiliar de 1ª3.14941.029510893
Auxiliar de 2ª3.07040.844499874
Auxiliar de 3ª2.40830.936394689