Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.572

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999 pola que se convoca un curso de actualización didáctica para formador de formadores.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de actualización didáctica para formador de formadores, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Destinatarios.

O curso vai dirixido a aquelas persoas que participen ou participasen como profesores da Academia Galega de Seguridade, tanto nos cursos selectivos coma nos de especialización.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de outubro de 1999, ás 14 horas.

3. As instancias serán enviadas polo interesado/a á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazas.

O número de prazas ofertadas para este curso é de 27.

Duración e datas.

O curso celebrarase durante os días 4, 11, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro de 1999, e terá unha duración de 40 horas lectivas.

O horario será en sesións de mañá e tarde, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 21 de outubro de 1999 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura s/n, 36680 A Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a este, e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 3 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade