Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.573

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999 pola que se convoca un curso sobre transportes.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre transportes, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos necesarios que lles poidan ser útiles no desempeño posterior do seu labor profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da Unidade

do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan neste curso é de 27.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 18 de outubro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico

e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo á non-admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Ámbito e normativa de aplicación. Clasificación. Títulos habilitantes. Distintivos. Documentos de control. Denuncias máis habituais. b) O tacógrafo. Lectura. c) Transporte escolar e de menores. Denuncias máis habituais. d) Transporte de mercadorías perigosas. Especial referencia ás distribucións no núcleo urbano, etc.

Datas.

O curso terá lugar do 8 ó 12 de novembro, en horario de 16 a 20 horas da tarde.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 25 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono: 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada neste.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 3 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro-Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade