Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da incoación do procedemento sancionador de epizootias OU-T-92/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la incoación do procedemento sancionador citado, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro) e o Regulamento que a desenvolve do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, posto que, intentada a notificación, o servicio de correos non a puido practicar.

Noméase instructora do procedemento a María Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas,

nº 4-6 baixo, Ourense, e para achegar por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas que coide convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario da sanción poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo anteriormente indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 30 de agosto de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-92/1999.

Interesado: Manuel Varela Espino.

DNI:76.514.815-O.

Último enderezo coñecido: rúa do Progreso, nº 174, 1º A Rúa. Ourense.

Feito denunciado: transportar desde o mercado de Sarria ata o matadoiro da Pobra de Trives, 4 animais da especie bovina no remolque C-7025-BG, carecendo do certificado de inscrición do vehículo-remolque no rexistro de sanidade animal.

Tipificación da infracción: artigo nº 52 do Regulamento de epizootias Art. 1 da Orde do 23 de agosto de 1995, Art. 1 da Orde do 2 de febreiro de 1998.

Sanción: dez mil pesetas (10.000).