Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/222-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: C.T. 25 kVA Gabeteira, Coque, Larín.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo aéreo de 25 kVA a 15/20 kV, a instalar no apoio nº 5 da L.M.T. a C.T. Coque, nomeado Gabeteira, Larín. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións