Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/246-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. en centro Laracha con C.S. y Der. Sub. a varias L.M.T.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: centro de seccionamento e manobra de instalacións eléctricas de media tensión, para liñas a 20 kV, con 5 celas tipo C.G.M. en S.F.6, ós que chegan conductores, baixo tubo, tipo R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x95) mm Al: unha cela chegada liña de 17 m de lonxitude, con orixe na liña aérea Cillobre-Laracha-Proame-Regado. 1 cela chegada liña de 180 m de lonxitude, con orixe na liña Cillobre-A Piña-Montemaior. Unha cela saída liña que alimenta C.T. Laracha e C.T. Fontenova de 180 m de lonxitude. Unha cela saída liña a C.T. E.S.O. e liña Proame-Regado, de 220 m de lonxitude. Unha cela saída liña A Piña-Montemaior, de 250 m de lonxitude. As instalacións localízanse no predio nomeado Condesa, inmediacións urbanización O Recreo e E.S.O. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 16 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións