Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999 relativa á adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de equipos informáticos para os grupos parlamentarios e a Sección de Biblioteca e Documentación do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación

da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 7/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de equipos informáticos para os grupos parlamentarios e a Sección de Biblioteca e Documentación do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: cinco.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 127, do 5 de xullo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1: 19 ordenadores persoais, 7 monitores de 17'' e 10 de 15'', servidor 6.450.000 ptas. (38.765,27 euros).

Lote nº 2: 12 impresoras láser 800.000 ptas. (4.808,09 euros).

Lote nº 3: escaners 450.000 ptas. (2.704,55 euros).

Lote n.º 4: 1 fotocopiadora/impresora 815.000 ptas. (4.898,25 euros).

Lote n.º 5: software, servidores DVD.2, SAI. 4.805.000 ptas. (28.878, 63 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de agosto de 1999.

b) Contratistas:

Archy & Siga Informática, S.L. lote nº 1 e lote n.º 2.

Canon-Copiadoras de La Coruña lote nº 3 e lote nº 4.

Qued Systems lote nº 5.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Lote nº 1: 6.418.019 ptas. (38.573,07 euros).

Lote nº 2: 799.982 ptas. (4.807,98 euros).

Lote nº 3: 435.000 ptas. (2.614,40 euros).

Lote nº 4: 815.000 ptas. (4.898,25 euros).

Lote nº 5: 3.900.000 ptas. (23.439,47 euros).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia