Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación correspondente á explotación do servicio da cafetería, restaurante e máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos do Hospital Provincial de Pontevedra.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999, (DOG do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, para actuar como órgano de contratación nos seus respectivos centros, e para o cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: unidade de contratación administrativa.

c) Número de expediente: CP9901HP.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contratación de xestión de servicios públicos.

b) Descrición do obxecto: servicio de explotación de cafetería, restaurante e máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos do Hospital Provincial de Pontevedra.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: anuncio de licitación publicado no DOG nº 30, do 15 de febreiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Canon mínimo de duascentas mil (200.000) pesetas. Imposto sobre o valor engadido incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de xuño de 1999.

b) Contratista: Goypar, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: canon de duascentas corenta mil (240.000) pesetas.

Pontevedra, 15 de xuño de 1999.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra