Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros no prego de prescricións técnicas que rexe o concurso convocado por Resolución do 13 de agosto de 1999 (DOG número 173, do martes 7 de setembro) pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración sucesiva de talonarios de receitas ordinarias en formato DIN A-4, para a prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde (S-484/99).

Advertidos erros no prego de prescricións técnicas que rexe para o concurso de referencia, e unha vez corrixidos estes, infórmase de que:

1º O novo prego de prescricións técnicas atópase á disposición das empresas que poidan estar interesadas no mesmo enderezo e nos mesmos horarios que figuraban na resolución publicada no DOG arriba indicado.

2º O prazo para a presentación de ofertas para a realización do servicio de referencia (trece días naturais) computarase a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos