Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

EDICTO.

En cumprimento do disposto no Art. 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e Art. 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Calvos de Randín, que acordou o Pleno Corporativo Municipal, en sesión ordinaria do 27 de agosto de 1999.

A entrada en vigor non se producirá ata a completa publicación do articulado das súas normas urbanísticas no BOP e ata que transcorrese o prazo previsto no Art. 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Calvos de Randín, 30 de agosto de 1999.

Antonio López Martínez

Alcalde-presidente