Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.493

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable de operadores de ordenador.

Ó amparo da disposición adicional 5ª da Lei 2/1998, pola que se crea o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, e do artigo 7.h) do Decreto 361/1998, do 4 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do CIXTEC, e en cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, o CIXTEC acorda convocar probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 9 prazas de operadores de ordenador polo sistema de promoción interna e acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.

1.2. O número total de prazas reservadas ó sistema de promoción interna ascende a 2, e as reservadas ó sistema de acceso libre serán 7.

Por non alcanzarse as porcentaxes mínimas, non se reserva ningunha praza para ser cuberta por persoa con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas.

1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 10/1996, do 5 de novembro e o disposto nas bases da convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.2. Promoción interna.

2.2.1. Estar en posesión do título académico FP 2º grao de informática ou bacharelato superior ou equivalente.

2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo do CIXTEC e deberán ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na categoría desde a que se accede e pertencer o día da publicación desta convocatoria no DOG ás categorías integradas nos grupos III e IV do III Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

2.3. Para acceso libre.

2.3.1. Ser español ou te-la condición de nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2.3.2. Ter cumpridos os 18 anos.

2.3.3. Estar en posesión do titulo académico FP 2º grao de informática ou bacharelato superior ou equivalente.

2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.4. Tódolos requisitos esixidos nos puntos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Os que dexesen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia axustada ó modelo que figura no anexo III.

Así mesmo, no punto correspondente da instancia, deberá facerse consta-la titulación posuída ou estar en condición de a obter.

Á instancia xuntarase a documentación esixida no anexo I.

3.2. A presentación de solicitudes farase nas dependencias do CIXTEC, Santiago de Compostela, rúa Ramón Piñeiro, nº 27, C.P. 15702, ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 20 días naturais, a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no DOG e dirixirse ó director do CIXTEC.

3.3. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las correspondentes adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

3.4. Os errores de feito que puideran advertirse poderán corrixirse en calquera momento, de oficio ou por instancia do interesado.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancia, o director do CIXTEC dictará resolución no prazo dun mes, na que se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na dita resolución, que deberá publicarse no DOG, indicaranse os lugares en que se atopen expostas ó público a lista certificada completa de aspirantes admitidos e excluídos. As devanditas listas deberán ser expostas en todo caso no taboleiro de anuncios do CIXTEC. Nas listas deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de DNI, así como a causa de exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixi-lo defecto que motivou a exclusión; transcorrido este, publicarase a lista definitiva nos lugares indicados.

Contra a dita resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que a dicte no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente resolución. Cando da documentación que deba presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado polo director do CIXTEC. A súa composición farase pública por medio do correspondente anuncio no DOG.

5.2. Os membros do tribunal absteranse de intervir, notificándollo ó presidente do tribunal, cando concorran neles circunstancias das previstas no Art. 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, ou se tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar ós membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no Art. 28 da Lei 30/1992.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

5.3. Para a válida constitución do tribunal requirirase a presencia do presidente e secretario, e a metade, polo menos, dos seus vocais, sexan titulares ou suplentes. Realizará a súa sesión de constitución no prazo máximo de sesenta días a partir da publicación da súa designación.

Na dita sesión o tribunal acordará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia do presidente e secretario ou, se é o caso, dos seus suplentes, e a metade polo menos dos seus vocais, titulares ou suplentes.

5.5. Na oposición, o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicarselle ó director do CIXTEC.

5.7. O tribunal adoptará as medidas precisas, nos casos en que sexa necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.3 as adaptacións de tempo e medios para a súa realización.

5.8. Para os efectos do disposto no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, o tribunal ten a categoría terceira.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superou as probas un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

6. Lista de aprobados.

Finalizada a oposición, o tribunal fará públicas, no lugar da súa sede, sinalado na base 5.9, e naqueles outros que considere oportunos, a lista de aspirantes aprobados, con indicación da puntuación obtida.

O presidente do tribunal enviará ó director do CIXTEC a copia certificada da devandita lista de aprobados así como a relación de opositores que superaron o cuarto exercicio con indicación da puntuación final obtida no conxunto de probas. Os nomes dos aprobados publicaranse no DOG.

7. Presentación de documentos e nomeamentos.

7.1. No prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que a lista de aprobados sexa publicada no DOG, os aspirantes que superasen o proceso selectivo deberán presentar no CIXTEC, rúa Ramón Piñeiro, 27, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base 2 ou certificación académica que certifique ter feitos tódolos estudios para a obtención do título.

b) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

7.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do seu exame se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

7.3. Finalizado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría que corresponda mediante resolución do director do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

7.4. Na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

1. Fase de concurso:

1.1. Para o acceso mediante promocion interna:

A) Experiencia profesional:

a) Servicios prestados no CIXTEC, ou no CPD da Consellería de Economía e Facenda da Xunta

de Galicia nas categorías e grupos laborais reflectidas na base 2.2.3 da convocatoria: 0,08 puntos por mes.

b) Servicios prestados noutras dependencias da Xunta de Galicia ou noutras administracións públicas nas categorías e grupos laborais especificados no punto anterior: 0,02 puntos por mes.

B) Formación profesional:

Por cada curso relacionado co posto de traballo ó que se opta e impartidos por organismos oficiais e dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,02 puntos.

-De 26 a 50 horas: 0,05 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,15 puntos.

-De 101 a 250 horas: 0,35 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración dos cursos entenderase de ata 25 horas.

A puntuación máxima acadable neste punto non poderá exceder de 2 puntos.

C) Curso de galego:

Curso de iniciación da lingua galega: 0,50.

Curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,5. No caso de acreditar máis dun curso só se valorará o curso superior.

1.2. Para o acceso libre:

Ós aspirantes dos sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo de operador de ordenador no Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable, ou no Centro de Proceso de Datos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, valoraránselle-los servicios prestados a razón de 0,20 puntos por mes.

Ós aspirantes que realicen ou desempeñen ou desempeñasen postos de traballo de operador de ordenador noutros servicios da Administración da Xunta de Galicia ou en calquera outra Administración pública, valoraránselle-los servicios prestados a razón de 0,05 puntos por mes.

A suma dos apartados anteriores non poderá exceder de 12 puntos.

2. Fase de oposición:

Os temarios polos que se rexerán as probas selectivas son os que figuran no anexo II da presente convocatoria.

2.1. Primeiro exercicio: proba escrita de carácter eliminatorio constituída por 50 preguntas tipo test, relativas a todo o temario, con tres respostas alternativas das que só unha é verdadeira. O tempo de realización deste exercicio será dunha hora e 15 minutos. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 pun

tos e será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. Correspóndelle ó tribunal determina-lo número de respostas esixidas para alcanza-la puntuación mínima, tendo en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

2.2. Segundo exercicio: de caracter eliminatorio constituído por un suposto práctico para elixir entre dous propostos polo tribunal que se executará sobre un ordenador Unisys 2200/633 ou un servidor en Windows/NT.

Este exercicio terá unha duración máxima de 45 minutos e cualificarase de 0 a 10 puntos; será necesario para superalo obter unha puntuación mímina de 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para alcanza-la puntuación mínima.

2.3. Terceiro exercicio: de carácter eliminatorio consistirá na traducción dun texto técnico sobre informática de idioma inglés para o castelán. Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos; será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para alcanza-la puntuación mínima. Este exercicio terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Os aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos da realización deste exercicio.

2.4. Cuarto exercicio de carácter non eliminatorio, consistirá na traducción dun texto de galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos.

As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse no taboleiro de anuncios do CIXTEC así como nos lugares onde se realicen as probas.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na de oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

2.5. Desenvolvemento dos exercicios:

A orde de actuación dos opositores iniciarese alfabeticamente polo primeiro da letra G, consonte a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de xuño de 1999.

En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para acreditaren a súa identidade.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, agás nos casos de forza maior xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

O día, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio farase público na resolución que aprobe a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizase o primeiro, así como no taboleiro de anuncios do CIXTEC, ademais de por calquera outro medio que se considere conveniente, sempre con vintecatro horas de antelación, cando menos, á súa iniciación.

ANEXO II

Temario operadores

Fundamento dos computadores:

1. Funcionamento e elementos dun sistema informático. Os subsistemas físico e lóxico.

2. Representación da información.

3. A unidade central de proceso.

4. Microprocesadores.

5. O subsistema de entrada e saída.

6. A periferia dun sistema informático.

7. Dispositivos de almacenamento da información.

8. Tipos de sistemas informáticos: equipos grandes, medios e pequenos.

9. Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos.

10. Os sistemas operativos de equipos medios e pequenos (MS-DOS, WIN 3.11, NT, UNIX).

11. Os sistemas operativos de grandes equipos.

12. Organización e funcionamento dun C.P.D.

Teleinformática:

13. Equipos terminais e de comunicacións.

14. Redes de área local, topoloxías, métodos de acceso, normalizacións, rendemento.

15. Redes de área extensa.

16. Equipos de interconexión de redes: repetidores, bridges, routers e gateways.

Ofimática e informática documental:

17. Os ordenadores persoais. Arquitectura e sistemas operativos.

Seguridade informática:

18. A seguridade do ordenador.

19. Seguridade en comunicacións e redes de ordenadores.