Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 21 de setembro de 1999 Páx. 11.493

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de agosto de 1999 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 173, martes, 7 de setembro de 1999, debe facerse a seguinte corrección:

- Na páxina 10.994, na marxe dereita e no Anexo I, onde di: «Denominación do posto: Servicio de Defensa do Menor. Código: FA.C03.00.002.15770.008», debe dicir: «Denominación do posto: Servicio de Atención a Menores en Situación de Conflicto Social. Código: FA.C03.00.002.15770.024».